jueves, 16 de junio de 2011

Cravos de ferrar - Horseshoe Nails

Teño a páxina media descoidada, e pídovos desculpas por iso, sobre todo ás persoas que nos seguides de maneira tan constante e agarimosa. A verdade é que teño tantas cousas ás que atender, que se me fai imposible estar sempre en todo. Por se faltase algo, agora ando na procura de piso (teño que cambiar de casa o mes que vén), e xa vos podedes imaxinar o que iso é: a casa patas arriba, eu pateando a cidade mirando sitios... Pois ate que remate con todo ese lío e estea minimamente instalada onde sexa que vaiamos parar (é desesperante buscar casa), non poderei manter a páxina como quixera.

Pero xa que estamos aquí, aproveito para vos ensinar algunha cousiña que xa temos feita. Hoxe sonvos colgantes feitos con cravos de ferrar, dobrados e soldados a man. Pódense levar de colgantes, poñer nun chaveiro, engadir a unha pulseira... As formas son máis ou menos abstractas: unhas adoptan a forma de símbolos solares en triqueis ou lábaros, outras lembran a áncoras, a letras, a animais... En calquera dos casos, son pezas únicas que nunca pasan desapercibidas... Botádelle un ollo a algunhas das últimas que deseñamos:
















4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

moitos animos na procura de piso!!! e un asco e unha tortura!!!! pero seguro que pronto encontrades algo decente!!! os cravos preciosos todos!!! ainda que parece que pesan un pouco...si que se che vota de menos polo mundo blogueril jejej pero todo ten o seu tempo ;D moitos animos!!!!!

Anónimo dijo...

ME PARECEN PRECIOSOS AUNQUE TIENEN QUE PESAR UN POCO..UN BESO

The Magic's World dijo...

Que bonitos!! son todas unas creaciones preciosas! son de clavos o algo semejante?? Besitos!!!

Asuntos Imaxinarios dijo...

Gracias a todas!!

Si, NaranjitaVerde, buscar piso é terrible... pero algo ten que aparecer e vai ter que ser xa, jajaja...

Y los colgantes están hechos concretamente con clavos de herrar caballos, con cada clavo doblado y soldado a mano. Y bueno, para ser hierro macizo no pesan demasiado, no creáis... Si hasta he hecho pendientes con ellos y sus dueñas no se quejan del peso (ni de nada, jajjajaja).

Besitos y gracias por vuestros comentarios!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...