jueves, 14 de marzo de 2019

Anel de cobre e amorias - Copper Ring and Blackberries



A ourivería antiga, xa sexa a prehistórica, micénica, escandinava, castrexa,  etcétera, etcétera, é unha pasada. Un prodixio de imaxinación, técnica e brillantez formal. Cando estaba a mirar unhas pezas etruscas (os etruscos viviron na actual Italia, entre os séculos VII a I a. C.), reparei que un dos elementos presentes en varias desas xoias, se me facía moi familiar.

Brincos etruscos (525-500 a. C.), ouro, Paul Getty Museum, Nova York

Máis brincos etruscos, século VI a. C., ouro, Metropolitan Museum of Art, Nova York.

Despois de rebuscar un pouco no ordenador central da memoria dei coa imaxe que buscaba, un sapo dos empregados cos traxes de gala tradicionais en Galicia.

Aderezo galego, século XIX-XX, prata sobredorada, Museo Sorolla, Madrid. Foto: Susana Vicente Galende

Sapo do Museo Arqueolóxico de Ourense

No sapo do século XVIII que se conserva no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ou no que se garda no Museo Sorolla, en Madrid, aparecen empregados eses mesmos elementos das pezas etruscas. Son as amorias, as rosetas de arame en resorte que podedes ver no detalle da foto. 

 

De toda esa inspiración parte este anel.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...