miércoles, 24 de octubre de 2012

viernes, 19 de octubre de 2012

Tres aneis, tres miradas - Three Rings, Three Readings

Hai un tempo propúxenlle a dúas persoas que fixesen unhas fotos de tres aneis escollidos ao azar entre os feitos por min.  Eles quedaron en total liberdade de retratalos como mellor lles parecera. Curiosamente, as súas lecturas e mais a miña non resultaron ser tan distintas...

A visión de Xesús A.:






A de María L.:

 




 

E, finalmente, a miña foto:




Só me queda agradecer a colaboración de María e de Xesús neste pequeno proxecto (e en tantas outras cousas;)!

Some weeks ago I asked two friends of mine to take some pictures of three randomnly chosen rings. These are the results. First Xesús A. pictures, then María L and finally, my own view. As you see, the interpretations are quite similar... ;). I would like to thank these friends for their support in this little project (and in so many other things)!

lunes, 15 de octubre de 2012

Brincos Decó - Art Nouveau Style Earrings

" Que ben! Agora fas as túas propias antigüidades!", díxome o outro día un amigo a conto destes pendentes.  Ser son un deseño propio, pero si, poida que as súas formas evoquen as xeometrías modernistas, especialmente as dos traballos de forxa en portas e ventás.

Arame de cobre, aceiro e amatistas.







 "Great! Now you are making your own antiques!", said a friend of mine some days ago about these earrings ;) Well, he may have a point... These shapes remind me the aesthetics of Art Nouveau geometries, specially the shapes of blacksmith works in doors and windows. However it may be, they are my own design, and are handmade by me out of copper wire,  stainless steel and amethysts. Thank you all for stopping by!

sábado, 6 de octubre de 2012

Brincos coma de vendima - Grape Harvest Time Earrings

Tempo de acios. Cando todos os comezos son posibles. Como me gusta o outono...










Wine harvest time in Galicia. Earrings like bunchs of grapes. I love autumn...






martes, 2 de octubre de 2012

De pulseiras e resortes - About bracelets and coils

Do que máis gosto é de facer pendentes. A pesar de que hai que facer dous, os brincos permiten todas as posibilidades. Sobre todo, dan entrada á dimensionalidade, ao movemento. Pero as pulseiras tamén poden ser entretidas de facer. Estas que vos ensino hoxe teñen algo que eu adoro: resortes. Que importantes son os resortes no mundo, non si? Tan sinxelos, tan efectivos... Quen concebise os primeiros resortes imaxinaría a enormidade de pobilidades de uso que tiveron despois?

Eu aquí o que quería era forzar os resortes, complicalos, retorcelos, reelaboralos. Estes son algúns dos resultados, montados sobre coiro vegano: resortes, resortes "resorteados", resortes perfilados... 

Por que imos facer ou pensar cousas sinxelas, se podemos complicarnos a vida un pouco?









 Have you ever noticed that I love making earrings? Althoug you must make two of them, they allow you a lot of posibilities. Just think about movement, dimensionality... But occasionally, bracelets can also be fun. And the bracelets I am showing here today have something that I love: coils. And why should you keep it simple when you can complicate it a little more? Here they are, coils,outlined coils, coiled coils... Thanks for stopping by!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...