Unha das técnicas ás que máis voltas lle ando a dar ultimamente, é o foldforming. Ignoro se existe un nome en galego para a técnica, pero viría sendo algo así coma "dar forma mediante dobras", ou cousa semellante. O foldforming ofrece unha chea de posibilidades, e son todas moi interesantes, porque permiten xerar tridimensionalidade de xeito abondo accesible para calquera, empregando só ferramentas comúns.
A técnica ten unha historia curiosa. Comezou con ela, aló polos anos oitenta do século pasado, un artista americano chamado Charles Lewton-Brain. Cousa curiosa, está acreditado polo British Museum coma o único novo tratamento técnico do metal inventado dende a antigüidade, xa que non se coñecen mostras anteriores desta técnica, nin restos arqueolóxicos. Lewton-Brain é o autor da "biblia" do foldforming, e ademais ten a xenerosidade de compartir en internet unha chea de artigos e informacións interesantísimas sobre a técnica.
Aquí vos deixo un exemplo sinxeliño de fold forming, uns brincos de cobre, con aceiro e perla natural.
2 comentarios:
Que bonitos e orixinais :D Gustame moito como queda a perla en contraste co cobre
Noraboa son preciosos, teño entendido que con esa técnica consigense formas alucinarias, avante maxiaria.
Publicar un comentario