miércoles, 15 de agosto de 2012

A serpentina, miña nai , etc. - Serpentine, my mother, etc.


Hoxe cumpro anos. Uns cantos xa. Non acostumo facer festa e, como eu non teño ningún recordo do día en cuestión, sempre penso que a quen habería que felicitar sería ás nais, quen si viviron a experiencia de xeito consciente.

Por isto hoxe parece bo día para vos ensinar este pequeno presente que fixen para miña nai. É un conxunto de anel, pendentes e colgante, feito en cobre, con detalles de prata e de ouro. As pedras son unhas serpentinas que ela mesma trouxo hai xa bastantes anos dunha viaxe a Irlanda. 

 

 
Este é o colgante. Leva detalles en prata de lei e mide uns seis cm. A cadea tamén está feita por min elo a elo, e é bastante longa, aproximadamente tamaño ópera (por embaixo do peito).
 


 



Creo que onde máis loce a pedra é no anel, onde parece integrarse á perfección coa trenza de cobre. É unha pedra moi branda, e de feito, quedoulle unha pequena desigualdade na esquina superior dun dos brincos. Pero non tiña máis serpentinas: ou era esa ou non era ningunha. 




Espero que vos guste (aínda que sexa a metade do que eu sei que lle gustou a ela), e graciñas a todos por vos pasar por aquí!
 
 Today is my birthday. I do not remember anuthing about that day, but my mother sure does. Mothers remember a lot of things! So maybe we should congratulate them as well. This is a set I made for her out of copper, silver, gold and some serpentine stones that my mother bought in Ireland many years ago.

3 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

ooohhh un traballo precioso!!! A calquera lle gustaria un regalo asi Todo feito a man e con tanto cariño O pequeno fallo do pendente dalle mais valor pq e un consunto totalmente unico :D Gustanme moito as pedras e vese que ten moitisimo traballo....e a cadea...buff que paciencia Por certo Felicidades :)

Alenfris dijo...


Un traballo moi bonito i con implicacions afectivas que nos pon tiernos. Gracias por compartilo. Por certo, a unión en aberto do aro coa base da pedra é moi elegante i resultona. Felicidades.

Ana dijo...

Precioso conxunto, o colgante déixame sen palabras do bonito que é, aparte da fermosa combinación do verde da serpentina co cobre o peche encántame. Tes algún máis semellante? Noraboa!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...