miércoles, 27 de junio de 2012

Pátinas sobre cobre II - Copper Patina II

Esta vez, traducirei a entrada ao español (ao final da entrada), e non ao inglés, posto que na rede hai abondas páxinas neste idioma onde se pode ver esta técnica.
 
O espírito do mal segue a rondar... Hai uns días comenteivos os experimentos con pátina de lume sobre fío de cobre. Hoxe quérovos contar doutra pátina que se pode facer sobre cobre, aínda que neste caso é máis apropiada para traballar sobre lámina que sobre arame. Unha vez máis, é un tratamento que se pode facer con elementos caseiros, sen recorrer a químicos comerciais específicos, potencialmente máis perigosos e contaminantes para o medio.


Pois ben, imos intentar que unha lámina de cobre adopte unha pátina azul. Para o caso, cortei dúas pezas en forma de bágoa dunha chapa de cobre de 1mm de grosor, deille forma cóncava na parte baixa e fíxenlle uns buratos para máis tarde. Para patinalas en azul, o procedemento é como segue:

1. Limpar as superficies que se queren patinar, primeiro cun medio ácido (vinagre ou zume de limón) e despois eliminando calquera outro resto de graxa lavándoas con xabrón e aclarándoas en auga. Hai que ter coidado de non tocar cos dedos a superficie do cobre (usaremos unhas pinzas metálicas), pois mesmo as máis pequenas cantidades de graxa poden impedir que a pátina se forme correctamente.

2. Nun contedor que teña unha tapa que axuste (coma un "tupper", por exemplo) cubrimos o fondo con aproximadamente 1cm dun limpador que conteña amoníaco (o que se pode adquirir en supermercados ou droguerías; eu uso un que só ten un 5% de amoníaco e funciona perfectamente).

3. Sobre o líquido colocamos calquera cousa que nos permita apoiar as pezas e que impida que estas entren en contacto co amoníaco. No meu caso, empreguei unha pedra. Situamos as pezas lixeiramente humedecidas con auga sobre a pedra e botámoslle por riba un pouco de sal común.

4. Tapamos ben o contedor e esperamos algunhas horas. Non importa se nos cae sal no amoníaco e podemos abrir de cando en vez o contedor para ver como vai indo a pátina. Aproximadamente en 12 horas xa teremos unha pátina ben azul.

5. Cando esteamos satisfeitos co resultado da pátina, aclaramos os restos de sal con auga, pero sen esfregar de máis. Poñemos as pezas sobre un papel e deixamos secar ao aire un par de horas.

6. Esta pátina segue a reaccionar co aire e continúa mudando a cor, polo que é recomendable selala, ben con algunha cera para metais, ben cun verniz. No meu caso, empreguei verniz de poliuretano en spray.


A chapa de cobre e as formas xa cortadas e forxadas

Pasos 2-3: no "tupper"

Despois de 2 horas

Paso 4: despois de 12 horas

Paso 5: secado ao aire


Antes de pulir a parte de atrás

Paso 6: traseira pulida e superficies vernizadas

E xa temos a chapa case convertida nuns pendentes! Para rematalos, limpei as manchas de pátina da parte traseira cunha lixa moi fina e engadín unha perla cultivada suxeitándoa cun arame de cobre chapado en prata. E por fin, aquí podedes ver estes pendentes únicos (esta pátina sempre produce resultados un tanto inesperados, que dependen moito da humidade ambiente, da cantidade de sal, do tempo de exposición aos vapores de amoníaco, etc), que espero que vos gusten, coma sempre!




El "espíritu del mal" sigue rondando! Hace unos días os conté cómo conseguir una pátina oscura sobre alambre de cobre. Hoy quiero hablaros de otra pátina muy interesante, más apropiadada para lámina que para alambre, que también podemos obtener con ingredientes al alcance de todos, sin recurrir a pátinas comerciales potencialmente más peligrosas, contaminantes para el medio y... más aburridas. Empecemos: lo que queremos es conseguir una pátina azul. Para el ejemplo, he cortado dos piezas en forma de lágrima de una chapa de cobre de 1mm de grosor, les he dado forma cóncava en la parte inferior y le hecho unos agujeros. El procedimiento para patinarlas es el siguiente:

1. Limpiamos las láminas, primero introduciéndolas en algún medio ácido (vinagre o zumo de limón) y después lavándolas con jabón y aclarándolas con agua. Hay que tener cuidado de no tocar con los dedos (usaremos una pinza metálica) la superficie ya limpia, porque hasta una mínima cantidad de grasa corporal puede hacer que la pátina no se forme correctamente.

2. En un contenedor de plástico o cerámica que tenga una tapa que ajuste (yo he usado un "tupper" de helado) echamos amoníaco hasta aproximadamente 1 cm de altura (yo he usado un limpiador común, adquirible en supermercados o droguerías, que sólo contiene un 5% de amoníaco pero funciona perfectamente).

3. Sobre el amoníaco colocamos cualquier cosa que nos permita apoyar las piezas sin que estas entren en contacto con el amoníaco (yo usé una piedra). Ponemos nuestros trozos de cobre ligeramente humedecidos con agua y las espolvoreamos con sal común. No importa si se nos cae algo de sal en el amoníaco, pero si se nos caen las piezas habrá que lavarlas de nuevo.

4. Tapamos el contenedor y esperamos algunas horas. Podemos abrir el "tupper" alguna vez para mirar como va el asunto. Aproximadamente en 12 horas tendremos ya una pátina bien azul.

5. Cuando estemos satisfechos con el color retiramos las piezas y las aclaramos con agua, sin frotarlas demasiado para que no se desprendan por completo los pequeños cristales azules de sal. Ponemos las piezas sobre un papel y las dejamos secar al aire un par de horas.

6. Esta pátina sigue reaccionando con el aire, por lo que es recomendable sellarla con algún tipo de barniz o cera para metales. Yo he usado barniz de poliuretano en spray.

Y ya casi tenemos la chapa de cobre convertida en unos pendientes. Para terminarlos, primero limpié las manchas de pátina de la parte trasera con una lija muy fina y añadí unas perlas naturales mediante un alambre de cobre chapado en plata. Y por fin, aquí podéis ver estos pendientes únicos (este tipo de pátinas produce siempre unos resultados un tanto inesperados, que dependen del grado de humedad ambiente, de la cantidad y tipo de sal, del tiempo de exposición a los vapores de amoníaco, etc.). Espero que los pendientes os gusten, que os animéis a hacer el experiemnto (con las precauciones que son de sentido común, por supuesto) y que nos contéis los resultados!


O resultado final...


In this post I have explained how to get a blue patina on copper sheet only with household items (salt and ammonia). There is a lot of internet sites that explain this process in english, so this time, I am only going to translate this post into Spanish (by the way, they are always primarily written in Galician!). However, I hope you enjoy the pictures, and of course, the results of the experiment!

viernes, 22 de junio de 2012

Guau, fixen un sombreiro! - Omg, I have sewn a hat!

Xa vos contei mil veces que non teño nin idea de coser... Pero como son unha persoa moi contraditoria, sempre teño costume de me meter en fregados que non domino ;) A cousa foi que eu tiña uns pantalóns moi vellos, que xa non estaban para poñer, pero dos que tampouco me quería desfacer (sentimentalismos: mercáraos cando eu tiña 16 anos en Alemaña, concretamente en Colonia). Total, que non sei como se me ocorreu que tiña que facer outra cousa deles... e dixen eu, pois un pucho! E así, sen rede nin coñecementos (aisss, como é de valente a ignorancia!), púxenme a cortar e coser. Para a miña completa sorpresa... saíu algo!!! Dígovolo de verdade, quedei alucinada. De acordo que está mal feito, mal cosido, ate mal medido, que me queda bastante pequeno, pero... aí o está! Flipei tanto de que me saíra! Agora xa pasaron uns días desde que o fixen, pero sigo a mirar para el coma se fose un marciano introducido na miña casa. Miro para el, miro para as miñas mans e alucino!!

Moralexa: mellor intentalo aínda que non saia, que non saber que en realidade das feito sombreiros!











I have already told you that sewing is not my thing. But I had a pair of old trousers around, that I bought when I was sixteen (in Köln, Germany!) and I did not want to get rid of them (yes, I am a sentimental ;). Then I thought I should make something out of them, maybe a hat... And without further sewing knowledge I started cutting the fabric and sewing (yes, ignorance can be very brave!). And two hours later, there it was... A hat... Omg, I could not believe it, I made that thing!! Ok, it is far from being a perfect work, but, oh my... it is there!!! Moral: one should always try everything, maybe it does not work at first, but it is worth trying!

lunes, 18 de junio de 2012

Broche de cremalleiras - Zipper Brooch

Este broche xa hai un tempo que o fixen, pero non sei por que, as fotos quedaron traspapeladas. E como sei que vos gustan as cousas feitas con cremalleiras (as estatísticas da páxina é o que suxiren, polo menos ;), pois aquí volo deixo. A cremalleira vai completamente cosida a man con fío de nylon transparente e na parte traseira leva outra peza de feltro negro para cubrir todas as puntadas. A verdade é que a última vez que o vin en mans da súa dona, quedáballe espectacular na solapa dunha chaqueta negra. Espero que a vós tamén vos guste!








I made this zipper brooch a while ago, but I have seemed to have mislaid the pics, by storing them in the wrong folder, I guess. I know you like zipper-stuff (or, at least, that is what the statistics suggest!), so here it is another zipper brooch. It is completely handsewn by me with nylon thread. The last time I saw it, it was been worn by its new owner on a black blazer... just amazing!! Hope you like it as well!

miércoles, 13 de junio de 2012

Pendentes serie CLÁSICAS IX - CLÁSICAS Earrings IX

Pois esta é a novena entrega da serie. Neste caso, trátase duns pendentes que evocan as filigranas máis clásicas. Aínda que me estea mal o dicilo, son verdadeiramente elegantes e favorecedores. Están realizados en aceiro e fío de cobre recuberto de nylon, para que non cambien de cor e non requiran ningunha clase de mantemento. Xa teño contado que os pendentes desta serie son pezas únicas, e dígovos de verdade que non me quixera ver outra vez facendo nestes, que foi unha tarefa moi delicada e que requiría un coidado enorme. Tanto é así, que decidín conservalos para min, e iso que eu non teño buratos nas orellas!! Algún día me decidirei a furalas, supoño... En calquera caso, a vós non vos pasa, que hai como fases nas cousas que a un lle gusta facer? Pois a min nesta época apetéceme máis dar martelazos que facer traballos sutís. Sexa como sexa, espero que os pendentes vos gusten tanto como a min e que sigades pasando por aquí a nos visitar!





 





In these earrings, completely handmade by me, I have tried to evoque the most classical filigree work. They are really elegant and flattering. I have made them out of stainless steel and nylon pleated copper wire. These materials do not change in colour and therefore require low manteinance in order to keep their shine. I have probably already mentioned that every earring model belonging to this collection is an unique piece of jewelry, and this is specially true with these earrings (omg, it was really a delicate work!). Nowadays I am much more in the mood of doing hard hammer work... We all go through different  stages, don't we? I hope you like them and also hope to see you stopping by!

martes, 5 de junio de 2012

Pendentes Serie CLÁSICAS VIII - CLÁSICAS Earrings VIII

Unha vez máis tráiovos uns pendentes da serie CLÁSICAS, que tiveron tan magnífica acollida e xa practicamente todos teñen novos donos. Como se trataba de pezas únicas, a maior parte non están dispoñibles. Aínda así, gustaríame moito seguir ensinándovolos, ate completar a serie de doce modelos. Hoxe é un pendente de aspecto máis lixeiro que outros modelos, realizado en arame de aceiro inoxidable, con amatistas e rocalla negra. Espero que vos guste e que sigades deixando algún comentario de vez en cando!

I would like to go on showing you the CLÁSICAS Earrings, although most of them have already new owners and are not available anymore. Here are some pics of the number VIII of the collection. They are much lighter than other earrings of the series and are completely handmade by my out of stainless steel wire, amethyst and black seed beads. Thank you all for stopping by and, of course, for your always too kind comments!










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...