lunes, 30 de enero de 2012

Aprendendo a escribir - Learning to write






Pois si, despois de tanto tempo, ando a aprender a escribir de novo! É que a cousa de escribir con arame tenche a súa complicación... Cando me poño, o que me vén á cabeza son eses letreiros de neón, nos para que a corrente pase dun extremo ao a outro, as letras precisan ser continuas. Pois co arame é exactamente o mesmo, e non sempre é tan doado atopar a continuidade entre os caracteres. Pero vaia, resulta divertido atoparse de novo sen saber ben facer letras ;)

Falando de outras cousas, xa está completamente ultimada a nova serie de pendentes na que levo traballando todo o inverno (e da que a gañadora do "concurso" Adiviña para que Serven estes Mouchos xa veu un adianto en rigorosísima primicia). É unha serie moi pensada e, aínda que me estea mal o dicilo, creo que resultou moi coherente e sólida. A proposta é moi definida e teño moi claras as inspiración e obxectivos. Unicamente hai un problema, e resulta ser gordo ;): está sen nome. E aínda que non sexa eu moito de bautizar modelos con nome, creo que esta colección pide un nome común. E aí andamos atrancados, no nome... En parte, trátase dun problema de idioma: sei con que nome a defino eu interiormente, pero é en inglés, e non me acaba de convencer poñerlle un nome guiri... E non dou cunha solución galega que se me axeite... Pois nada, que a serie seguirá agardando e seguiremos preparándolle unha bonita presentación mentres ela segue o seu camiño pola miña cabeza á busca dun nome ;) Tereivos informadas...

After so many years... I am learning to write again! Actually it is no so easy to write with wire... Like in like these old neon signs, you must keep the continuity of lines and that is a little tricky! Anyway, it is fun!

Talking about something else, I am very proud to annouce that the new earring collection that I have been preparing during winter is almost set. I think it is a very consistent and solid collection, with a very clearly defined intention. The one and only problem (the reason why I have not presented it yet) is that I can not find a suitable name for the series... and althought I am not so fond of namig all my jewelry pieces, in this particular case I have the feeling that it claims for a name. And there we are, waiting for a name... I will keep you informed!

3 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

jajja quedaronche moi graciosas as letras!!! eu xa vexo un marcapaxinas con nome jejej
pois os pendentes son preciosisiisisimos!!! estou desexando ver o resto da coleccion ;D
consulta coa almofada o do nome que sempre da bos consellos ;D

Javier d'Arnauld dijo...

Estamos ansiosos e conmocionados a espera desa nova coleción invernal. Poderiasdelles chamar "Invernía"ou "inverxinaria". O da conmoción é esaxerado, pero eiqui esagerase muito.
Bicos oceánicos ou oceanixinarios.

The Magic's World dijo...

Me encanta! Te ha quedado precioso y super bien hecho :D Siempre me ha llamado la atención lo de los nombres en alambre, a ver si un día investigo un poquito XD
Miauuubesitos artista!

http://themagicsworld.blogspot.com/

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...