jueves, 15 de diciembre de 2011

Mouchos - Owls

Este fin de semana imos participar no Mercado de Artesanía de Redondela, que tradicionalmente se celebra todos os anos polo Nadal na praza da Constitución.
 
Déixovos para estes días cunhas imaxes de algo que aínda non vos ensinara nunca e que hai moito tempo que facemos. Están tallados a man en madeiras nobres (castiñeiro, nogueira, pau santo, bubinga...) e todos son un pouco diferentes entre si.. Algúns teñen moita cara de malos, outros parecen super boíños...





A cousa é a seguinte: non vos vou dicir que son. Se queredes, esa é a tarefa que vos queda para estes días. Pódovos dicir que houbo quen os levou para colgante, pero non foron pensados para colgantes; tamén houbo quen os levou para marcapáxinas, pero tampouco foron imaxinados para iso. Xurdiron como resposta a unha necesidade concreta que eu tiña, e que, como puidemos comprobar nestes últimos tres anos, moita xente compartía comigo. E abonda de pistas. Ocórreseme que ao primeiro que adiviñe para que foron pensados, se quere, enviámoslle un de regalo. E se ninguén adiviña, ao mellor pódese enviar un de regalo tamén a quen dea a resposta máis imaxinativa... Que vos parece? Participades?







Guess what are they for... The wood owls are not pendants nor bookmarks... Maybe I could send one as a gift for the first person who guess what were they intended for, or maybe to the most imaginative answer ;) Please, do have happy holidays!

7 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

eu quero un sexa o que sexa!!! jajajja si non esta inventado aconselloche o patentes e vendas a idea a unah gran compañia jajaaj a min o unico se me ocorre e para gardar lazos...enrrollalos o buho e asi non se mezclan..

Farruko d¨´oxe dijo...

Se trata sin duda de un dosificador contenporáneo de espageti. Un óculo, una dosis,dos etc.Ignoro lo de la ranura , supongo algo relaccionado con la pimienta .Muy contenporáneo, sin duda,necesito uno ,de cada color; integrales, vegetales etc.

Mary dijo...

Yo sé lo que es! Vaya, será porque tengo uno (en Carballino, supongo que no te acordarás) y me va estupendo. Quiero otroooooo!

The Magic's World dijo...

Buuuf no se me ocurre nada!!! Se que es precioso, pero para que es ni idea!!!! XD Para anudar el pañuelo al estilo de la pieza de los pareos?
Besitos guapisima y una muy feliz Navidad y un prospero año!!

http://themagicsworld.blogspot.com/

Piki dijo...

Cheguei a este blog de casualidade e estou abraiada coas cousas tan fermosas que fas. Moitas felicidades por esa arte que tes.

Mau dijo...

Hola, eu tampouco conocía a páxina, hai cousas preciosas, felicidades, moi bo gusto e todo moi ben acabado. Sobre os buhos, nin idea, son unha hebilla para un cinto?

Asuntos Imaxinarios dijo...

Graciñas a todos por participar, sodes estupendos e moooooiiii imaxinativos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...