Xa hai ben tempo que non continuaba coa serie adicada aos nomes das tramas de malla. Vouna retomar con outra das grandes familias de tramas: as cadeas persas. A orixe do nome é moi incerta. Hai quen di que se chamaron así por seren as cadeas que levaban os reis da antiga Persia, pero non hai probas históricas desta teoría, e, polo que parece, as cadeas e cotas de malla máis antigas atopadas nesa zona estaban feitas con tramas europeas e xaponesas. Tamén hai quen sostén que se lles dou ese nome pola súa semellanza con certos patróns ornamentais do arte persa. En calquera dos casos, o que define as mallas persas é o xeito de conexión dos seus elos, caracterizado por atravesar o "ollo" dun elo e arrodear outro, creando unha trama de elos montados de modo non lineal.
I would like to follow this series about the chainmaille names with another big family of weaves: the Persian family. The origin of its name remains uncertain. Some people believe that these chains were once worn by the kings of Persia, but there is no historical evidence of this (antique chains and chainmaille sheets found in this area were variations of european and japanese weaves). Other people think that the name comes from the resemblance of these weaves with some decorative patterns of ancient persian artwork. Whatever the origins of their name might be, these weaves are defined by the connection style of the rings: a non-linear staggered connection.

A familia das tramas persas produce unhas cadeas densas, que, ao tacto, suxiren un efecto de movemento articulado moi peculiar. Hai dous tipos principais de cadeas persas: a persa completa e a media persa.
Media Persa: a forma máis simple das cadeas medias persas é a 3-1 (un elo atravesado por tres). O resultado é unha curiosa cadea, que dun lado adopta figura convexa e do outro, cóncava, polo que a miúdo se emprega para cabuxóns, aproveitando a curva cóncava contra a pedra e deixando o lado convexo cara ao exterior. Pero tamén resulta unha cadea moi atractiva para pulseiras.

A outra variante máis habitual da media persa é a 4-1. É unha das cadeas máis complicadas de facer, en parte porque ate que non se trenza un bo anaco de cadea non se lle ve forma ningunha e non se dá sabido se un vai facendo a trama correctamente ou non. Déixovos unha foto dela sacada dun titorial de maille.org.
Persa completa (6-1): a cadea persa completa é, para min, unha das tramas máis atractivas, tanto para pulseiras coma para gargantillas, sobre todo cando se fai con arame non moi groso, porque é unha trama verdadeiramente densa. Unha vez que se entende a súa montaxe é moi fácil de construír, pero segue a ser laborioso e consume moito arame. O aparentemente intrincado da súa montaxe produce un efecto moi clásico e elegante. Vede algúns exemplos da versatilidade da trama:
Orientativamente, o tamaño dos elos recomendado para estas tramas (en arame de 0,8mm de grosor) é duns 3,5 mm. Podedes atopar titoriais en inglés para estas tramas aquí.
Tamén forman parte da familia persa outras tramas, por exemplo, a moi interesante Forars Kaede, a GSG,a Leviathan, a One Hour Less Sleep ou a Trinity, das que tamén atoparedes titoriais en inglés na páxina que citei antes.

2 comentarios:
que bonitas todas!!! gustame moito a de cor verde e a ultima trama seina facer jejej inteino o outro dia pq me gustaba...o que pasa e que me quedou aml pq as anillas non eran do grosor adecuado...pero como so era unha proba pa ver se conseguia facelo...estou contigo que estas mallas asi soas poden quedar xenial como gargantilla e pulsera un bico!!
Realmente esto de las anillas me parece una preciosidad!! Y todas las cositas que has puesto son fabulosas!!! El día que tenga tiempo y pille esto de las anillas creo que no me parará nadieeeeeee! le tengo unas ganaaaaaas!!!
Besitos artista!!!
http://themagicsworld.blogspot.com/
Publicar un comentario