O meu gusto persoal acostuma a ser bastante austero no tocante ás cores, aínda que de cando en vez tamén sexa divertido ceder a unha certa exuberancia... Pero en xeral, as miñas predileccións acostuman ir cara ao monocromo. Por iso estou particularmente satisfeita da impresión estética deste colgante, realizado en fío de prata 925 e que, como vedes, non fai concesións: formas recorrentes e ausencia de cor. Aínda non decidín que tipo de cordón ou cinta lle vou poñer, quizais unha cinta de organza negra, quizais coiro negro, non sei. Admito suxestións ;) Polo de agora vou traballando no deseño dunha pulseira co mesmo motivo, que xa vos ensinarei no seu momento...
No colour, no risky shapes: plain recurrent curves in silver wire.


5 comentarios:
que bonito!!! eu son moito de porlle cores a todo jaja pero as tuas creacions creo que son mais espectaculares dunha soa cor Pois eu non sabria decirche que tipo de cinta lle vai mellor...pero estou segura que a pulsera vai ser preciosa jejeje
uuuuaaaaauuuuuu! que bonito diseño!!!! es preciosisimo en serio, me encanta! lo veo super original!!! ;)
Besitos artista!!!
http://themagicsworld.blogspot.com/
Precioso, yo pondre con organza.......
Me encanta esa trama, la estaba buscando para un proyecto escénico, en bréve te enviaré un boceto, para ver si puedes resolverlo. Muchas grácias.
Graciñas a todos!
Karen, he probado con organza y queda muy bien, creo que va a ser eso definitivamente ;)
D'arnault le Friss, estoy a tu disposición cuando quieras, envíame un correo y hablamos ;)
Publicar un comentario