domingo, 6 de noviembre de 2011

Mercado Entre Lusco e Fusco

Xa vos teño contado que todos os martes estamos presentes nun pequeno mercado de produtos ecolóxicos, artesanía e comercio xusto que se celebra nas terrazas do Parque de Belvís, en Santiago de Compostela. Pois este martes, haberá gran festa de outono, con magosto (castañas), obradoiros e música. Parece que o tempo vai axudar (cousa importante) e que imos poder ter unha xornada fantástica. Convídovos a todos a que vos pasedes por alí, das seis da tarde en adiante. Por certo, sempre hai cousas riquísimas de comer....

I have already told you about Mercado Entre Lusco e Fusco (that means something like Between Dusk and Nightfall Market), a little market that takes place every Tuesday in Santiago de Compostela. There you can find organic food, handicrafts and fair trade items. Next Tuesday, we are having our Autumn Festival and there will be lots of food, music and free workshops. Come visit us!

As terrazas de Belvís:




Un día de mercado:




E o programa da festa:

2 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

ooooooooohhhhhh que ricas as castañas asadas!!! eu fixen este ano..pero a maioria tiñan bicho joooo pero as boas estaban riquisimas ajjaaj

Asuntos Imaxinarios dijo...

Jjajaja... é que foi un ano moi raro, eu comín as primeiras castañas do ano en xullo!!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...