lunes, 31 de octubre de 2011

Exercicios co arame I - Wirework Exercises I

Coma no inverno en Galicia é difícil atopar mercados onde expoñer as pezas creadas, a maior parte do inverno eu adícoa a traballar nos deseños sobre papel, aprender novas técnicas e perfeccionar as coñecidas. A continuación déixovos algúns exemplos de exercicios co arame, que ao mellor algún día serven de guía para a elaboración dalgunha peza...

Winter is a good time for practising wirework techniques and learning new ones. Here, some examples of little wirework exercises that maybe one day can serve as a guide for creating real jewelry pieces...




Polo frente:



Por detrás:











viernes, 28 de octubre de 2011

Colar de no Pipa - Pipa Knot Necklace

Hoxe quérovos ensinar un colar que fixen xa hai algún tempo, pero que creo que aínda non o publicara. Sei que algúns de vós xa coñecedes, pero seguro que non todos... Este colar foi un deseño bastante complexo, con moito traballo previo sobre papel, e, aínda así, con moitos cambios sobre a marcha. É dicir, que foi un traballo laborioso, deses que é durante o proceso de elaboración requiriron quedar en repouso días ou semanas mentres a imaxinación e o lapis acababan de axustar a súa forma imprescindible.

Forma imprescindible? Si, ás veces as cousas teñen forma imprescindibles, que só recoñeces cando as atopas. Nese momento, sábelo: si, iso era o que buscaba sen saber que buscaba. É unha especie de revelación ;)... Ou quizais non sexa mérito do creador, senón que acaso se trate da súpeta manifestación da vontade estética dos materiais... Ups, como se me vai a pinza ;)

Esta é a peza. Está realizada en cobre esmaltado, cobre natural, doas de vidro e perlas. É un deseño de inspiración victoriana no tocante á forma, e que emprega como filigrana central unha roseta de nós chineses, os nós Pipa. Asegúrovos que posto é absolutamente espectacular...

This necklace, made out of enameledd copper, copper, freshwater pearls and glass beads, went under a long journey of paper sketchs and changes of mind before achieving the final shape. It a design inspired in victorian style necklaces, with a rosette of four chinese Pipa knots as a center piece. Hope you like it!









lunes, 24 de octubre de 2011

Brincos de resorte - Coiled earrings

Imos poñer un pouco de cor neste día gris de choiva e dor de gorxa... Estes pendentes son parte dos modelos novos que ando a preparar este ano. Fágoos en distintas cores e diferentes materiais, sobre unha base en fío de prata ou de aceiro inoxidable.

My throat hurts and out there is falling a grey cold rain. Let's add some colour... These are two of the new earrings I am currently working in, and are available in defferent colours and materials.




sábado, 22 de octubre de 2011

Diadema de cremalleira - Zipper Headband

Aínda sigo aínda coa fase de recuperación de sensibilidade nos dedos ;) e coser cremalleiras non é mala ocupación. Estou moi contenta co resultado desta diadema, feita con cremalleiras negra e marrón, perlas e chifón de seda. Espero que vos guste!

Still recovering my finger sensibility... Sewing zippers is another good option for staying away from wires for a while. I am very pleased with the results of this headband, made out of black and brown zippers, freshwater pearls and chiffon silk. Hope you like it!







miércoles, 19 de octubre de 2011

Aneis de napa e aceiro - Nappa and steel rings



Estes son tres dos aneis de napa e aceiro inoxidable dos moitos que teño feito. É que ás veces fai falta traballar con algo máis suave que o arame, para lle dar un pouco de tempo de recuperación aos dedos e non perder de todo a sensibilidade... Espero que vos gusten!

These rings are made out of stainless steel wire and nappa (a very soft leather). Sometimes I need to take a rest from the heavy wires in order to recover the feeling in my fingertips!

viernes, 14 de octubre de 2011

Upcycling: Anel - Ring

Tamén había tempo que non subía nada relacionado con ese concepto tan peculiar, o upcycling ou supraciclaxe, que consiste en reciclar obxectos ou materiais, pero non para que repitan o mesmo ciclo que cumpriron anteriormente (poñamos, facer papel reciclado con papel), senón para un obxectivo diferente e "superior".

Hoxe ensínovos un modelo de anel que sempre volvo facer, porque sempre gusta moitísimo. É moi sinxelo e elegante e aproveita un material recuperado, neste caso, o arame do entorchado dunha corda de harpa, que sostén unha perla natural sobre a base de aceiro inoxidable. Coma sempre, todo está feito a man por min, e se nalgún caso vos interesara facer un pedido dalgunha peza, non dubidedes en mandarme un correo para consultar a dispoñibilidade. Pois espero que vos guste o anel e que teñades un finde estupendo!

Upcycling: reusing stuff in new, "better" ways. This ring, that I have been making for years, uses wire from harp strings to hold in place a freshwater pearl on a stainless steel frame. It is absolutely handmade by me, and, by the way, please do not hesitate to send me an email if you are interested in purchaising any of my pieces.




martes, 11 de octubre de 2011

Preparando puntas - Horseshoe nails

Pois nestes días andamos a preparar novas puntas para facer pulseiras. A verdade, vistas así soltas, non resultan tan interesantes coma as que preparamos para facer colgantes ou chaveiros, que permiten unha maior liberdade e poden ser algo máis pesados e adoptar formas máis redondeadas. En calquera caso, asegúrovos que unha vez montadas co seu cordón de coiro, resultan espectaculares. Admito que quizais non sexan para todos os públicos (achegan unha estética contundente e con poucas concesións ao romanticismo, por dicilo dalgún xeito ;), pero quedan verdadeiramente atractivas. Xa volas ensinarei cando estean listas...

We are currently preparing new horseshoe nails for the new horseshoe nail bracelets. They do no look so interesting as the pendant nails, but once mounted they turn out into very blunt and attractive pieces.









sábado, 8 de octubre de 2011

Colgantes do verán- Summer Pendants

Quero rematar hoxe a serie "recopilatoria" deste verán, co capítulo máis difícil de todos, o dos colgantes e colares. Todos sabemos que está a ser unha época verdadeiramente complicada para calquera das cousas que se poidan levar ao pescozo. En breve: non se levan... Non hai máis que se lembrar, por exemplo, desa cerimonia dos Oscar, con eses pescozos absolutamente descubertos...

As modas, ás veces, tardan en chegar aos Fisterras, pero chegar chegan, e vanse metendo no noso inconsciente, a miúdo sen nós nos dar conta nin desexalo. E o caso é que ademais, despois tardan máis en se diluír que nos centros verdadeiros da creación de tendencias. Con todo iso, o máis probable é que que nos agarden aínda un par de tempadas moi pouco dadas aos colgantes. E eu síntovolo ben, que o pescozo é o único lugar onde soporto levar algo colgando...

All of us know that it is not a good time for necklaces or pendants. Do you remember all those nacked necks in Oscar ceremony, for example? My guess is that we are still going to have a couple of "necklace-free" seasons... However, there were some brave girls during summer who dared to swim against the tide and bought from me some necklaces and pendants. I would like to dedicate this post to them ;)


Pequena estrela de malla en cobre esmaltado. Enameled copper chainmaille star.





Colgante en espiral de cobre esmaltado e esmalte. Enameled copper and nail polish pendant.




E unha das poucas pezas que quedaban da serie Metal-gami, que xa coñecedes os que me seguides: origami (papiroflexia) en metal.  And a pendant from my Metal-gami Collection, already known by my followers: origami whith metal sheets.

martes, 4 de octubre de 2011

Pulseiras do verán- Summer Bracelets


Pulseira de cobre, madeira de buxo e latón. Enameled copper, brass, and boxwood.



Pulseira sinxeliña con roseta Moebius en aluminio e pulso de fío de redeira. Aluminium and fishing net thread.





E, por último, un dos éxitos permanentes que me vexo case forzada a seguir facendo (sempre coas súas variacións, claro) a petición da xente, e que, por outra parte (non me podo resistir, jajaja, abondo aguantei), parece inspirar tanto a quen non intenta explotar ideas propias (e non falo da xente que quere aprender cousas novas, senón dos que converten as ideas doutros en bandeira propia... Bah, non me fagades caso, que en realidade, ter teño asumidas as miserias intrínsecas á interrede, e isto só é por non cargar máis con esa fea sensación, jajjaja...)  Inspiring? Felt and zipper bracelet.





domingo, 2 de octubre de 2011

Brincos do verán- Summer Earrings

Pois vou seguir recollendo algunha pezas deste verán. Hoxe, pendentes.

Still collecting pics from items sold during summer. Today, earrings.

Pendentes de cobre esmaltado e doa de madeira.
Enameled copper and wooden bead earrings.






Aceiro inoxidable, cobre esmaltado en dous tons e perla natural. Stainless steel, enameled copper and freshwater pearl.






Pendentes de cristal de praia, aceiro inxodable e prata. Beach glass, stainles steel and silver earrings.






Pendentes de nó danés en cobre esmaltado. Danish knot earrings made out of enameled copper.





Pendentes de cadea de malla helmo pechada en redondo (podedes ver un titorial desta trama na sección TÉCNICAS) en aceiro inoxidable e cobre esmaltado. Elm weave earrings, enameled copper and stainless steel (here is a tutorial for this weave).



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...