viernes, 14 de octubre de 2011

Upcycling: Anel - Ring

Tamén había tempo que non subía nada relacionado con ese concepto tan peculiar, o upcycling ou supraciclaxe, que consiste en reciclar obxectos ou materiais, pero non para que repitan o mesmo ciclo que cumpriron anteriormente (poñamos, facer papel reciclado con papel), senón para un obxectivo diferente e "superior".

Hoxe ensínovos un modelo de anel que sempre volvo facer, porque sempre gusta moitísimo. É moi sinxelo e elegante e aproveita un material recuperado, neste caso, o arame do entorchado dunha corda de harpa, que sostén unha perla natural sobre a base de aceiro inoxidable. Coma sempre, todo está feito a man por min, e se nalgún caso vos interesara facer un pedido dalgunha peza, non dubidedes en mandarme un correo para consultar a dispoñibilidade. Pois espero que vos guste o anel e que teñades un finde estupendo!

Upcycling: reusing stuff in new, "better" ways. This ring, that I have been making for years, uses wire from harp strings to hold in place a freshwater pearl on a stainless steel frame. It is absolutely handmade by me, and, by the way, please do not hesitate to send me an email if you are interested in purchaising any of my pieces.




3 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

precioso!!! que pena que non uso aneis...nin bisuteria case nunca jajaj porque as tuas pezas son impresionantes!!!

Anónimo dijo...

Impresionante me encanta...
bsss

The Magic's World dijo...

Es precioso!!!!!!!!! Me encanta!!!!
Besitos artista!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...