domingo, 25 de septiembre de 2011

Fin de tempada

Parece que finalmente remata o verán, aínda que hoxe volve haber un sol espléndido. Foi unha tempada intensa, na que participamos en moitos mercados en diferentes sitios e compartimos xornadas de sol e de choiva cunha morea de xente. Estivemos, por exemplo, no Carballiño, en Marín ou na Coruña e asistimos a festivais coma o Foundation Reggae Festival de Miño ou o Reperkusión de Allariz, que aínda foi a semana pasada, e probablemente será o último mercado desta tempada fóra de Santiago. A maior parte deles foron fantásticos, aínda que tamén houbo desastres radicais (sobre todo por cousas do clima ;).

Estas son algunhas das imaxes do noso posto en distintos sitios:








A partir de agora, intentarei retomar o ritmo do blogue mentres vou acabando cos novos deseños para este outono. Espero que sigades a estar aí ;)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...