sábado, 13 de agosto de 2011

Máis madeira! - More wood!

Como vedes os que me seguides, ando a medio gas co blog por cousas do verán, das vacacións e todo iso. Por iso agradezo aínda máis aos que seguides aí...

Vou continuar coa madeira, e así aproveito para o título a clásica frase dos irmáns Marx. Estes son uns colgantes que xa fixen hai un tempo. Están tallados a man por min en madeira de buxo (Buxus Sempervirens), que é unha madeira bastante dura, pero cando está ben lixada ten de seu un acabado sedoso que enamora ao tacto.

De: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé, 1885, Gera, Alemaña. Fonte: Wikimedia Commons


Os motivos das tallas están inspirados na imaxinería maorí, e os colgantes que vedes a continuación, evocan concretamentea forma de anzois de pesca, que na cultura maorí tradicional eran importantes amuletos de prosperidade e abundancia. Espero que vos gusten!









3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,me encantan son impresionantes y nada vistos.
bssss

NaranjitaVerde dijo...

que bonitos e orixinais!!! encantanme!!! e menudo traballo tiveron q dar!!! deixasme abraiada!! e recordoume un traballo declase q fixemos en bacharelato...tiñamos q facer un grabado en madeira con gubias e o primeiro q fixen foi cortarme....

The Magic's World dijo...

Que bonitooooos! son una pasada! me encantan!!!!
Besitooooos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...