jueves, 28 de abril de 2011

Este sábado, rúa san Pedro

O sábado próximo, día 30, estaremos na feira de primavera da rúa san Pedro, en Santiago de Compostela. Xa estivemos en anos anteriores, e é un evento estupendo, sobre todo pola magnífica participación veciñal, a variedade de cousas que se poden ver e a animación que toda a xornada domina a rúa. Este é o cartaz deste ano:

Para quen nos queira visitar alí, estaremos desde as dez da mañá na praciña da Igrexa. Ogallá non chova demais (que chover parece que vai chover) e nos permita a todos gozar dunha xornada interesante. Agardámosvos!

martes, 26 de abril de 2011

Aneis - Rings

Aiii... pasei estes días festivos chea de gripe. Febre, tose, dor de cabeza... todo o espectro de malestares posíbeis (un dos máis molestos: a dor de pel). Aínda ando con febre e non creades que a cabeza me funciona ao 100%...

Total, que non fixen nada. Ou case, que non son capaz de estar parada de todo ;). Estes dous aneis de cobre foron o resultado destas xornadas:






Cando volva ser persoa intentarei responder a todo o que teño pendente. Espero que saibades desculparme!!!

jueves, 21 de abril de 2011

Colar e pendentes de cobre - Copper set

Conxunto de colar e pendentes en cobre esmaltado. Sempre menciono o cobre esmaltado e nunca explico o que é... Pois évos un cobre de entorno ao 99% de pureza (segundo a norma UNE 20 003) recuberto dunha capa de verniz sintético que protexe o cobre facendo que non mude a súa cor, conserve o brillo sen precisar limpeza e non manche a pel.

Necklace and earrings set made out of enameled copper wire. Enameled copper wire is a round 99% purity copper wire, covered with a thin coat of synthetic varnish, that protects copper avoiding rust and preserving its shine.











martes, 19 de abril de 2011

Gargantillas - Traditional trimming chokers

A miña aboa era costureira, unha moi boa costureira. Sempre estaba rodeada de multitude de caixas, bolsas e paquetes, que, cando eu era pequena (e non tan pequena) me parecía que gardaban os tesouros máis sorprendentes: botóns grandes e pequenos, cremalleiras de todas as cores, cintas, apliques, corchetes... E por suposto, todo tipo de telas. Lamentablemente, non herdei dela a súa habilidade para a costura, aínda que quizais si me regalara a paciencia para facer cousas coas mans.

Un deses tesouros que sempre me fascinaron é a pasamanería e os abelorios que se empregan na confección do traxe tradicional galego. Por iso un día me puxen a buscarlle outra aplicación a todos eses metros de marabillosa pasamanería que ela deixou. Esta é a historia detrás das gargantillas e pendentes que vos quería ensinar hoxe.


My grandmother was a seamstress, and a very good one indeed. She was always sorrounded by a plenty of boxes and bags containing what, as I was a child (ok, I admit, not only when I was a child) semmed to me the most amazing collection of surprisingly treasuries: buttons, zippers, ribbons, appliques, clasps... And of course, all kind of fabrics. Unfortunately I did not inherit her mastery of sewing but maybe she thaught me the patience needed for making things with my own hands. One of these treasuries was the trimmings used in the galician tradicional costume. These are very characteristic trimmings, often with jet stone inlays and wonderful designs always in black. Therefore, one day, I decided that maybe they could deserve another use. This is the history behind the choker and earrings that I am showing you today.








viernes, 15 de abril de 2011

Colar en cobre - Wirework copper necklace


Hoxe queríavos ensinar este colar que fixen xa hai un par de meses. Se me acordo del, aínda penso que me seguen a doer os dedos... Está feito en cobre esmaltado, aceiro inoxidable e cordón de algodón. É unha peza moi espectacular, desas para levar cun bo escote...

Today I will show you a necklace that I made two months ago. When I remember this piece my fingertips still hurt... It is made out of enameled copper wire, stainless steel and cotton cord. The necklace is a quite dramatic piece, perfect for wearing with a low-cut neckline...




martes, 12 de abril de 2011

Aneis de aluminio en Sigüeiro - Aluminium rings

Esta fin de semana pasada estivemos en Sigüeiro, na VI Feira de Oportunidades e Artesanía, organizada pola Asociación de Comerciantes de Sigüeiro. Foron unhas xornadas moi agradables, con boa compañía e bo tempo. Gustaríame especialmente agradecer a amabilidade e dispoñibilidade de Cecilia e mais de Susana (por certo, se ides por Sigüeiro, non esquezades visitar as marabillas que garda a Xoiería Taaroa) que, entre outras persoas, en todo momento se encargaron de que todo o mundo se sentise a xeito.

Nós pasámolo moi ben, aínda que despois dos dous intensos días acabamos feitos po. Pero foi estupendo, porque houbo tempo para todo: charlar con amigos novos e vellos, comer lambetadas, xogar a xogos de nenos (ou non), intercambiar ideas... Mesmo quedou un anaquiño para facer un par de aneis coma estes:






Fóra de tema: a seguinte foto é tamén en Sigüeiro. Creo que as galegas todas adiviñarán de que se trata... Alguén que non sexa de aquí sabe que vén sendo ;-?


miércoles, 6 de abril de 2011

A malla tamén cabrea - Getting maille-angry


Facer cadea de malla é entretido, facer cadea de malla é interesante, facer cadea de malla pode ser apaixonante... Pero tamén hai veces que che fai perder completamente a paciencia...

Making chainmaille is funny, making chainmaille is interesting, making chainmaille can be enthralling... But sometimes it makes you lose your patience...

Moito.. And even more...

lunes, 4 de abril de 2011

Colar de cobre - Copper necklace

Ao intentar poñer un pouco de orde entre os arquivos do ordenador, atopei estas fotos dun dos primeiros colares completos de cobre que fixen. A verdade é que xa non me lembraba del, e co "éxito" que tivo no seu momento e o elegante que resultaba levándoo posto, pensei que tamén podía merecer unha lembranza.

Está realizado en cobre esmaltado e doas de vidro e, por suposto está completamente feito a man, mesmo ese peche tan curioso (é que agora fáiseme raro).
Trying to get some order in my laptop files I found these pictures of one of the first complete necklaces I have ever made. It was good to remember this necklace, because it was very elegant and at that time turned out to be very successful. Therefore, I thought that maybe it was worth to mention it here. It was made (handmade, of course) out of enameled copper wire and glass beads. Take a look at the funny clasp:








domingo, 3 de abril de 2011

Pulseira en malla persa - Full persian bracelet

Outra pulseira en malla persa completa que ides poder ver en persoa o próximo sábado e mais o domingo, días 9 e 10 de abril, no outlet de Sigüeiro.
Another Full Persian weave bracelet that you can see in person at the Sigüeiro outlet next Saturday and Sunday.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...