Esta fin de semana pasada estivemos en Sigüeiro, na VI Feira de Oportunidades e Artesanía, organizada pola Asociación de Comerciantes de Sigüeiro. Foron unhas xornadas moi agradables, con boa compañía e bo tempo. Gustaríame especialmente agradecer a amabilidade e dispoñibilidade de Cecilia e mais de Susana (por certo, se ides por Sigüeiro, non esquezades visitar as marabillas que garda a Xoiería Taaroa) que, entre outras persoas, en todo momento se encargaron de que todo o mundo se sentise a xeito.
Nós pasámolo moi ben, aínda que despois dos dous intensos días acabamos feitos po. Pero foi estupendo, porque houbo tempo para todo: charlar con amigos novos e vellos, comer lambetadas, xogar a xogos de nenos (ou non), intercambiar ideas... Mesmo quedou un anaquiño para facer un par de aneis coma estes:

Fóra de tema: a seguinte foto é tamén en Sigüeiro. Creo que as galegas todas adiviñarán de que se trata... Alguén que non sexa de aquí sabe que vén sendo ;-?
4 comentarios:
Preciosos los anillos en alambre, te quedaron fantásticos, maja!!
que cores tan bonitas!!! quedaronche xeniais os aneis :D
O que van meter ahi dentro ten 8patas??
alaaaa que chulos los anillos!!! me encanta el moradito. Me quedo embobá viendolos. Besos
Me alegro de que os hayan gustado... Y muchísimas gracias por decírmelo, me subiís la moral cada día!!!
P.D.: naranjitaverde, siiip, 8 patas... jajjajaa... para cando un en plano ou en tres D con doas???
Publicar un comentario