Catro mandalas. Fonte: Wikimedia Commons |
Mandala é unha palabra en sánscrito que significa círculo. O nome mandala aplícase a formas xeométricas concéntricas que lembran a unha flor e que posúen un profundo significado no budismo e mais no hinduísmo.
As mandalas de metal son unha poderosa ferramenta de meditación nestas tradicións. Coas diferentes formas que a figura adopta ao movela, evócase a transformación constante do universo.
Mandala is the sanscrit word for circle. Mandalas are concentric geometrical forms that remind a flower and that have a deep meaning in the Hindu and Buddist religious traditions. Wire Mandalas are powerful meditation tools. The different shapes that you can get out of the basic shape evoke the constant transformation of the universe.
Sempre me sentín fascinada pola súa fermosísima xeometría, pero como unicamente pretendo recrear a beleza das mandalas, decidín facer só medias mandalas, deixando o deseño orixinal para quen desexe empregalo como medio de meditación.
As mandalas completas teñen moitas posicións (ate 35). As medias mandalas teñen menos, pero aínda así permiten xogar co movemento e variar a forma do colgante.
I have been always fascinated by their amazing geometry. But as I only intend to recreate their beauty, I decided to create only half Mandalas, leaving the original design for those who use these shapes as a tool for meditation. Full mandalas can acquire many positions (up to 35!). Half Mandalas have less possibilities, but you can still play with their movement and change the shape of your pendant.
Este é o resultado coa mandala aberta:
E así con diferentes maneiras de as pechar:
2 comentarios:
Me encantas tu blog!! haces cosas preciosas. Me quedo siguiendote para ver más cositas y muchas gracias por tu comentario!!! Un abrazo.
A Irene: Gracias a ti por venir, es un placer tenerte por aquí.
A quen lea isto e non sexa Irene: tendes que ver a súa páxina e os seus deseños, esa mestura de ternura e ironía, esas grafías de conto de fadas sarcástico...
Publicar un comentario