Today I am going to talk a little bit about maille history, families and characteristics. You can find a lot of information about it online, mostly in english. That is why I am only writing this post in galician. Plese visit http://www.mailleartisans.org/ or http://corvuschainmaille.ning.com/ for detailed information about chainmaille and weaves.
De que falamos
Comecemos resumindo: a malla é un entrelazo de elos. Rematemos complicándonos: segundo a Unión Internacional de Artesáns de Malla, M.A.I.L., (vede aquí a súa moi interesante páxina con titoriais, artigos, fotos, etc.) unha trama de malla defínese como:
"Un esquema de colocación de elos único e que se pode repetir indefinidamente, caracterizado polo tipo de conexión entre estes elos e que, mediante o uso exclusivo de elos, mantén a estrutura física do entrelazo ou conecta unha unidade de trama con outra adxacente".
Cabalo de xadrez, por David Austin |
Cos diversos entrelazos ou tramas fórmanse cadeas, láminas, unidades ou formas en tres dimensións. Coas láminas ou follas fanse cotas de malla, almófares, mantos de bispo, luvas, brafoneiras... Coas cadeas e unidades, pendentes, pulseiras, colgantes, etc, e coas formas en tres dimensións, todo o que se vos ocorra.
Almófar ou cofia feita por nós |
Non se sabe con certeza das súas orixes. Si se coñece que naceu con fins de defensa corporal na batalla. A primeira mención escrita das cotas de malla parece que se atopa en Herodoto, no século V a.C., aínda que semella probable que fose unha invención dos escitas. No Xapón tamén se descubriron cotas de malla anteriores ao X a.C.
En Europa, as cotas comezan a aparecer en enterramentos de guerreiros irlandeses e franceses datados a partir do III a.C., e cando os romanos invadiron estes territorios, adoptaron tamén a cota de malla como elemento de protección. Seguíu a ser a forma principal de defensa contra os ataques de corte e de penetración ate ben entrado o século XVIII. Se queredes saber máis datos concretos sobre a historia das cotas de malla e a súa construción, premede aquí para ver a estupenda páxina de Julio del Junco.
Ademais da defensiva, a outra gran categoría onde se emprega a malla é a xoiería. Este uso decorativo foise desenvolvendo nos últimos séculos e, na actualidade, forma parte tanto das coleccións máis clásicas coma das máis innovadoras.
Pulseira de coiro e malla Europa 4-1 |
Existen ducias e ducias de tramas que se poden facer con elos. Algunhas teñen moitos séculos, outras estanse a inventar neste momento. Para poñer orde nesta lea, establécense familias de tramas, tomando como base (principalmente) o xeito no que uns elos se conectan cos outros. A clasificación que vos vou comentar non é a única que existe e admite variacións, pero é a máis simple.
Defínense cinco familias principais de cadeas de malla:
- Familia europea: na que a orientación dos elos cambia en cada ringleira.
- Familia xaponesa: onde os elos van conectados perpendicularmente entre si.
- Familia persa: na que a forma de conexión non é lineal.
- Familia espiral: onde a trama de elos adopta forma de hélice.
- Familia híbrida: na que se emprega máis de un estilo de conexión ou algún outro non clasificable nas anteriores familias (orbitais, presas, etc).
E ate aquí chegamos hoxe. Cando poida coméntovos un pouco máis a fondo sobre estas familias e sobre as tramas en particular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario