Tiña gañas de facer esta foto... Vai por vós, os que pasades por esta páxina, os que vos tomades un momento para me deixar unhas palabras. Graciñas.
Improvisámoslle un xogo? Por celebrar que seguimos vivos ou algo... Propoño:
- O primeiro que adiviñe cal é o autor e o título do libro sobre o que está pousado o anel, recíbeo coma agasallo. (Hai que acertar autor e máis título, só cun deles non serve.) (Ah, e envío o anel, non o libro).
- Podedes participar, poñamos ate o 5 de marzo, deixando aquí a vosa opción ou a través do facebook de Asuntos Imaxinarios.
- Non hai máis condicións: podedes dar todas as respostas que queirades, non tendes que seguir a páxina, nin compartir a convocatoria (aínda que estaría ben).
1 comentario:
Sútil e delicado, precioso de verdade. Parabens, e boa iniciativa a do concursillo.
Publicar un comentario