viernes, 20 de enero de 2012

Pulseira e pendentes de la - Wool earrings and bracelet

Pois por aquí andamos de volta, despois dun descanso un pouco longo de máis. En parte foi obrigado, porque estaba sen cámara e non tiña fotos para vos ensinar, e en parte foi un respiro para avaliar os esforzos do ano e trazar rumbos futuros. Pero aquí estamos de novo e seguirei intentando subir unhas dúas ou tres entradas por semana. Agradezo a fidelidade de todos e convídovos encantada a compartir o que por aquí se vaia ofrecendo.

Non se pode dicir que estea a ser un inverno moi duro, pero inverno é, a fin de contas. E para achegar un pouco de calor ás baixas temperaturas, hoxe quérovos ensinar un conxunto de pendentes e pulseira feitos con arame e mais la de cores (non sei se existe esa palabra nos dicionarios, pero miña aboa diría que ese fío é de cor "pilrada" ;). Pódense facer con calquera la que queirades. Polo de agora, a ver se vos gustan estes!

Wool and wire earrings and bracelet: add some warmth and colour to winter time!















4 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

que bonito conxunto!! gustame moito!!! por certo o final decidinme a facerche caso e non che vou enviar nada...a parte das mil gracias polo premio ;D xa votaba de menos as tuas entradas jeej estou desexando ver as tuas novas creacions ;D

Karen dijo...

Muy bonito y tan diferente ! Siempre tienes unos ideas estupendos !

Javier d'Arnauld dijo...

Pilrrados, coma pilgrins sobre rodas .Definitivamente faime mal o camiño.Pilrrados bonitos.

The Magic's World dijo...

Pero que bonitos y que originales que son!!!!!!! Me encantan!! :D
Un besito artista!!

http://themagicsworld.blogspot.com/

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...