sábado, 31 de diciembre de 2011

Cor do ano 2012: Tangerine Tango - Pantone Colour of the year


Dancers, Frederic Cirou, Corbis


Cada ano, Pantone, a marca americana que marca a tendencia no tocante á cor de deseñadores de moda, interioristas, etc, escolle unha cor como a dominante dos seguintes doce meses. Ten unha enorme influencia sobre os creadores e a súa carta de cores é o verdadeiro abecedario dos deseñadores.

Pois para 2012, Pantone escolleu coma cor do ano o Tangerine Tango, un ton entre alaranxado e tella que nos habemos fartar de ver en roupa, complementos, accesorios para a casa, cosméticos, etcétera. Xa se anuncia a súa predominancia nas coleccións de, por exemplo, Tommy Hilfiger, Nanette Lepore ou Adrienne Vittadini...






Segundo Pantone, "Tangerine Tango recorda os matices radiantes das postas de sol, reunindo a vivacidade e a subida de adrenalina do vermello, coa amabilidade e a calidez do marelo, para conformar un ton magnético e de alta visibilidade que emana calor e enerxía".


E non vos lembra moito ao ton cálido dos cobres? Parece que definitivamente vai ser un bo ano para para estes deseños... Por certo, feliz ano novo a todos!





miércoles, 28 de diciembre de 2011

Mouchos- Owls (e III)

TEMOS GAÑADORA!


Finalmente alguén adiviñou para que foran pensados os mouchos de madeira... E esa persoa foi:




Naranjita verde (que ten unha páxina onde presenta as cousas tan chulas que fai: http://naranjitaverde.blogspot.com/) foi a primeira en adiviñar a través de facebook a función dos mouchos, que concretamente é a de enrollar os cables dos auriculares dun mp3 ou teléfono móbil. Intentei facerlle unha foto autoexplicativa da gañadora, pero... en decembro as laranxas están case todas maduras...





Como vedes (e perdón pola calidade das fotos, Naranjita acertou estando eu sen cámara decente), nos ollos entran os auriculares e na fenda, a cravixa. Eu sempre digo que as cousas todas que fago son un vicio, pero que estes mouchos responden a unha necesidade, jajjaja! Polo menos era unha necesidade para min. Xurdiron porque necesitaba librarme dese incomodísimo embrullo de cables dentro do bolso, desas enganchadas dos auriculares co chaveiro, deses nos que se me lle facían e que acababan por estragar os auriculares en pouco tempo...

Pero creo que o mellor de todo é que grazas a todos os que participastes, Naranjita vai ter MOITO máis que un porta-auriculares... Por exemplo (e recollo só algunhas das máis, digamos, "interesantes" propostas que fixestes:

- Un emparellador de calcetíns
- Unha fibela para manter dereitos os chichos do pelo
- Un prato para almorzar dou ovos e unha salchicha (tamaño gnomo, claro)
- Un vixiante para as noites
- Un abrebotellas
- Un porta-cepillos de dentes
- Un calza-calcetíns
- Un cortador de ovos cocidos
- Etc, etc, etc.


Nos próximos días enviarémoslle o moucho a Naranjita e esperamos que lle sexa útil e mais que con el na man lle siga atopando utilidades... MIL GRAZAS a todos por participar, se resultou divertido, foi por VÓS ;)


Lémbrovos que podedes ver (e mercar) estes mouchos e as demais cousas que facemos cada martes, no Mercado Entre Lusco e Fusco de Santiago de Compostela, ou enviándonos un correo a asuntosimaxinarios@gmail.com.


Bicos


And finally, we have a winner: Naranjita Verde was the first in making the right guess. Yes, the wooden owls are mp3 cable organizers!! I want to thank you all for participating and giving so funny answers ;). In the next days Naranjita will rceive one of theese wooden owls, and anyone interested in them or in any other item shown in our page can send us an email to asuntosimaxinarios@gmail.com or visit us every Thursday at the Mercado Entre Lusco e Fusco in Santiago de Compostela.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Mouchos II - Owls II

Quérovos dar moitas, moitas grazas a todos os que participastes (e seguides a participar) no noso pequeno xogo de adiviñar para que serven estes mouchos, tanto a través desta páxina como a través de facebook. Conseguistes sacarme máis dunha gargallada, e non deixa de admirarme a imaxinación que tendes. Pero... aínda ninguén topou a solución e ímoslle dar un par de días máis. Como se me pedían pistas, vouvos dar a recolleita das cousas que non son:

- Non son noveladores de fitas nin de fíos
- Non son medidores de cantidades de espaguetis
- Non son aros para pareos
- Non son fibelas para cintos
- Non son plantillas para círculos perfectos
- Non son abridores de botellas
- Non son servilleteiros
- Non son emparelladores de calcetíns
- Non son plantillas para facer facer colgantes de arame
- Non son apliques para panos do pescozo
- Non son vixiantes da noite

(A ver como traduzo eu esta listaxe ao inglés, mi má...)

Pois nada, podedes seguir intentándoo, válense varios intentos por persoa ;). Iso si, se deixades un comentario e non tendes conta propia en google, estaría ben que puxésedes o voso enderezo de correo electrónico, por se decido (arbitrariamente, claro está) que a vosa resposta é a máis acertada ou a máis descabellada. Bicos e seguide a gozar das festas!





Many, many thanks for playing with us! Nobody has found the solution yet, and therefore we are still going to carry on with our little contest for a couple of days. I was asked to give some clues, so, I have collected all the wrong guesses -until the moment- for you.

The owls were not intended for: winding threads or ribbons, measuring out spaghetti amounts, holding beach wraps, serving as belt buckles, opening beer bottles, serving as napkin rings, pairing up socks, acting as templates for wire pendants, holding neckerchiefs, or keeping watch in the dark nights... You can keep trying (more than one answer per person is allowed and welcomed;) and if you do not have a google account, please leave your e-mail adress in your comments.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Mouchos - Owls

Este fin de semana imos participar no Mercado de Artesanía de Redondela, que tradicionalmente se celebra todos os anos polo Nadal na praza da Constitución.
 
Déixovos para estes días cunhas imaxes de algo que aínda non vos ensinara nunca e que hai moito tempo que facemos. Están tallados a man en madeiras nobres (castiñeiro, nogueira, pau santo, bubinga...) e todos son un pouco diferentes entre si.. Algúns teñen moita cara de malos, outros parecen super boíños...





A cousa é a seguinte: non vos vou dicir que son. Se queredes, esa é a tarefa que vos queda para estes días. Pódovos dicir que houbo quen os levou para colgante, pero non foron pensados para colgantes; tamén houbo quen os levou para marcapáxinas, pero tampouco foron imaxinados para iso. Xurdiron como resposta a unha necesidade concreta que eu tiña, e que, como puidemos comprobar nestes últimos tres anos, moita xente compartía comigo. E abonda de pistas. Ocórreseme que ao primeiro que adiviñe para que foron pensados, se quere, enviámoslle un de regalo. E se ninguén adiviña, ao mellor pódese enviar un de regalo tamén a quen dea a resposta máis imaxinativa... Que vos parece? Participades?







Guess what are they for... The wood owls are not pendants nor bookmarks... Maybe I could send one as a gift for the first person who guess what were they intended for, or maybe to the most imaginative answer ;) Please, do have happy holidays!

viernes, 9 de diciembre de 2011

E máis cravos de ferrar - And more horseshoe nails

Que marabilla que sexa venres! Esta semana, con tanto festivo interrupto, a min fíxoseme longuísima! Este finde tócanos mercado, o sábado no Mercado de Artesanía e Produtos Ecolóxicos de Cuntis, e o domingo, durante todo o día, na Feira de Artesanía e Antigüidades de O Carballiño. Pero vaia, segue a ser finde ;).

Pois hoxe gustaríame ensinarvos uns cantos colgantes máis feitos con cravos de ferrar cabalos. Como xa vos teño contado, trátase de cravos de ferro dobrados a man un a un, soldados e tratados con varias capas de protección para evitar que se enferruxen. Espero que vos gusten!










lunes, 5 de diciembre de 2011

Variacións celtas - Variations on Celtic Visions

De volta aos elos cuns ensaios sobre unha trama de malla moi interesante e que admite moitas pequenas variantes. Chámase Visións Celtas (os nomes non os poño eu, que conste) e produce un efecto máis complexo do que en realidade é. Nas fotos podedes ver dúas unidades, feitas en cobre esmaltado e aceiro, e que creo que van ir para colgantes, non sei moi ben aínda...









jueves, 1 de diciembre de 2011

Colgante de cobre e estaño - Copper and Pewter Pendant

Hoxe quérovos ensinar este colgante, que a min me gusta especialmente, e ao que lle teño moito cariño. Está feito en cobre esmaltado e estaño. O reto e a dificultade da peza estaban, por suposto, en realizar en estaño a forma helicoidal que pendura das flores de cobre. Finalmente, despois dunha chea de intentos sen éxito, conseguín finalmente que o estaño adquirira a dureza necesaria que permitise levar a peza á súa forma definitiva. O resultado pagou a pena, e no pescozo, produce un efecto espléndido. Espero que a vós tamén vos guste!









Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...