martes, 1 de marzo de 2011

Inspiración (I) - Inspiration (I)

¿De onde ven a inspiración? Normalmente, ven de moitos sitios e é difícil determinar a procedencia exacta. Parafraseando unha frase tópica, eu case diría que a inspiración é o que che queda cando despois de ver e sentir mil cousas, es quen de esquecelas todas. Con sorte, ese pouso xerminará e producirá algo diferente a todo o anterior. 

Claro que ás veces é máis fácil localizar as suxestións que nos fan desexar crear unha forma determinada. Este é o caso das pezas que vos mostrarei entre hoxe e (se pode ser) mañá. Son do ano pasado, dunha serie inspirada en tonalidades e formas empregadas por diversos pintores.

Primeiro mostrareivos un anel que recrea as flores da pintora americana Georgia O'Keeffe (premendo aquí, podedes acceder á páxina do seu museo). Sempre me produciron unha sensación contraditoria as súas pinturas de flores da época de Novo México, unha estraña mestura de desacougo e serenidade, como de harmonía a piques de se estragar. 

¿Where does inspiration come from? Usually, from everything, making it difficult to determine the exact origin of the ideas. Paraphrasing a cliché: inspiration is what remains after seeing and feeling many many things and forgetting them all. If you are lucky, this sediment will germinate producing something completely different. But somethimes it is easier to find the suggestions that lead us to create a certain form. This is what happens with the pieces I am showing today (and maybe tomorrow). I made them last year, and they belong to a paintings inspired collection.
First, a ring that recreates the flowers of the american painter Georgia O'Keeffe (here, the link to her Museum). These flowers, painted during her stay in New Mexico, always produce me a contradictory sensation, some kind of mix between unease and serenity.


Georgia O'Keeffe, A rosa branca de Calico, 1931

Georgia O'Keeffe, Abstración rosa branca nº 2, 1927


E este é o anel:







No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...