viernes, 21 de diciembre de 2012

Furoshiki

Nestas datas parece que se desbotan en España uns 52 quilómetros cadrados de papel de regalo. Dunha árbore sácanse uns 58 quilos de papel, e cada ano, unha persoa desfaise duns 100 quilos. Reciclar está ben, pero antes diso, aínda está mellor reducir, reutilizar e buscar alternativas!

Dende hai anos, a solución que eu uso para envolver os agasallos é o furoshiki, unha antiga arte xaponesa que consiste en empregar unha tea para envolver e transportar calquera cousa. O material téxtil é resistente, lavable, reutilizable...  Despois de abrir o teu regalo, podes envolver outro con el, usalo coma pano do pescozo, poñelo no cesto do pan...

Déixovos unhas fotiños de como envolvo uns presentes e mais uns gráficos do Ministerio de Medio Ambiente de Xapón para promover o emprego do furoshiki e reducir o emprego de papel de regalo e  bolsas de plástico:

Bolsiña furoshiki:









Caixiñas :










martes, 18 de diciembre de 2012

lunes, 10 de diciembre de 2012

Brincos de cobre e alpaca - Copper and German Silver Earrings

Brincos de cobre e alpaca, conformados a man. A alpaca, tamén coñecida como prata alemana, é unha aliaxe de cobre, zinc e níquel, que non contén nada de prata. A súa composición definitiva foi fixada arredor de 1823 en Alemaña, froito dunha competición convocada para buscar unha aliaxe que imitase o brillo e a tonalidade da prata auténtica. De aí o nome german silver, que ás veces leva a confusións. Ademais, non sempre é doado distinguir a prata da alpaca, aínda que a grandes trazos, pódese dicer que a alpaca ten unha cor máis "aceirada" que a prata, e menor peso.






Por certo, se queredes ver estes e outros traballos nosos ao vivo, neste mes ides ter unha chea de ocasións. A primeira cita será este fin de semana no Mercado da Estrela, un evento interesantísimo que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (cGac). Nel teredes ocasión de ver moi diversos traballos de creadores e deseñadores galegos, ademais de poder participar en distintos obradoiros, probar cousas riquísimas de comer e escoitar música en directo. Alí estaremos se nos queredes visitar!


Today I would like to share with you a pair of simple yet elegant earrings. They are hammered by hand out of copper and german silver sheet (the name of german silver or alpaca can lead to  a confussion: german silver is an alloy of copper, nickel and zinc that does not contain silver).
By the way, if you are in Santiago de Compostela this weekend, you can see these earrings and many other pieces in an amazing event that is going to take place in the cGac, the museum of contemporary art of Santiago. During the Mercado da Estrela you will see a wide exhibition of galician contemporary designers, as well as many other activities that for sure will make it worth a visit. Come and visit us there!

jueves, 8 de noviembre de 2012

Colgante "bordado" - Let's Pretend We Are Sewing

Eu teño algo coa costura. Evócame sensacións familiares, dáme tenrura. E paréceme unha cousa moi sensata para facer coas mans... Pero por sumar unha contradición máis, nin sei coser ben, nin atopo momento para desfrutar de facelo.

Pero o metal sei e podo. Entón estiven ultimamente a facer nunhas pezas que recollesen estes afáns... Algo de cobre, algo de latón, limas, soldadura e unhas cantas cousas máis e "cosín"






You know I have a thing about sewing. But, unfortunately, I can not sew very well and can not find a way of enjoying this activity. However, it brings to my mind some very pleasant sensations and, somehow, I find sewing a very sensible activity ;) Having these thaughts in mind I have been working lately in some pieces that evoke sewing and embroidering. I hope you like this fake embroidery copper pendant and thank you all for stopping by!

lunes, 5 de noviembre de 2012

Gargantilla de cobre - Copper necklace

Xuntas diferentes calibres de fío de cobre, tratados cada un por separado con pátina de lume para buscar o contraste entre as liñas, e fas unha gargantilla. E, case sen querer, aló vai outra tarde da túa vida... nunha gargantilla... 
 
Que cousas ten a vida...






miércoles, 24 de octubre de 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...