miércoles, 6 de febrero de 2013

Falsa malla Europa 4-1 Tan fácil! - Tutorial: Fake Europe 4-1 Easy Chainmaille Weave

A trama Europa 4-1, é quizá a máis coñecida das tramas de cota de malla. Non é complicada de facer, pero si laboriosa. Por iso, o que vos propoño hoxe é unha falsa trama Europa 4-1, moito máis rápida e fácil, pero que resulta difícil de distinguir dunha Europa 4-1 auténtica. Nas fotos usei arame de aceiro inoxidable de 0.8mm, e máis algúns elos de cobre (os laranxas) para que se apreciasen mellor os pasos que ía seguindo. Imos logo co titorial:

 
La malla Europa 4-1 no es complicada de hacer, pero sí laboriosa, y para ella existen docenas de tutoriales en la red. Por eso yo os propongo una falsa trama Europa 4-1, mucho más rápida de hacer y mucho menos latosa, pero que resulta muy difícil de distinguir de una Europa 4-1 auténtica. Hice las fotos empleando alambre de acero inoxidable de 0.8 mm, y usé algunas anillas de cobre (las naranjas) para que se apreciaran mejor los pasos que iba siguiendo. Vamos con el tutorial:
 Europe 4-1 weave is perhaps the most common chainmaille weave. It is not difficult to make, but time consuming. What I am showing you today is a fake Europe 4-1 weave, much faster and easier to do, but it is very difficult to distinguish from an authentic Europe 4-1 weave. I used for the pics 0.8 mm stainless steel wire, along with some copper rings, in order to make clear the steps I followed. Let's go with the tutorial:
 

1. Preparamos os elos.  Aquí expliquei unha vez en detalle como facer uns elos perfectos. Aquí, fixen o resorte sobre unha agulla de calceta dun tamaño aproximado da parte inferior do alicate de puntas cónicas. Este é un resumo en imaxes de como facer os elos:

 
 1. Preparamos las anillas. Expliqué ya en detalle aquí cómo hacer eslabones o anillas para que queden perfectos. En este caso, para hacer el muelle busqué una aguja de calceta de un tamaño lo más aproximado posible al de la parte inferior de mi alicate de puntas cónicas. Lo de arriba es un resumen en imágenes de cómo hacer anillas.
1. Making the rings. I have already explained here how to make perfect rings for your chainmaille project. Now, I am using a knitting needle for making the coil (as approximate as possible to the size of the inferior part of my round nose pliers).


 2. Preparamos os "oitos". No alicate de punta cónica facemos un primeiro círculo arrodeando co arame unha das puntas do alicate, e continuamos virando o arame arredor da segunda punta ate obter unha forma coma a da imaxe 3. Para maior comodidade, cambiamos a posición da peza para que nos quede un dos círculos cara a fóra do alicate (imaxe 4). Levamos o extremo do arame ate que se xunte coa parte central do oito, retiramos a peza do alicate e, finalmente, cortamos o sobrante de arame para obter un "oito" coma estes:


 
2. Preparamos los "ochos". En el alicate de punta cónica hacemos un primer círculo de alambre rodeando una de las puntas del alicate, y continuamos girando el alambre alrededor de la segunda punta hasta obtener una forma como la de la foto 3. En ese momento, para mayor comodidad, cambiamos la posición de la pieza y la metemos de manera que nos quede uno de los círculos hacia fuera del alicate (imagen 4). Llevamos el extremo del alambre hasta que se junte con la parte central del ocho y quitamos la pieza del alicate. Finalmente, cortamos lo que nos sobre de alambre para obtener un "ocho" como los de arriba.
2. Preparing "eight" shapes. With the round nose pliers we make a first wire circle, and then a second one following the second tip of the pliers until we have something similar to photo 3. At this time, it is easier to take out the eight from the pliers, and change its position so that one of the circles stays outside the pliers tip (pic 4). Then we move the wire until it reaches the central part of the eight shape. We take it out the pliers and cut the extra wire to obtain an "eight" like the ones above.
 

3. Montamos a cadea. Para comezar precisamos dous oitos e un elo. Collemos os dous oitos e poñémolos un enriba do outro. Atravesamos cun elo os dous buratos dos oitos e pechamos o elo. 

 
3. Montamos la cadena. Para comenzar necesitamos dos ochos y una anilla. Primero colocamos los dos ochos uno encima de otro, después atravesamos con la anilla los dos agujeros de los ochos y finalmente cerramos la anilla. Con las piezas ya sujetas, lo importante es colocar correctamente los ochos. Tienen que quedar todos inclinados hacia el mismo lado: / / . Las anillas han de tener la inclinación contraria: \ . Tenemos que conseguir que las piezas siempre queden inclinadas en esa secuencia: / (ocho)- \ (anilla) - / (ocho) - \ (anilla) - / (ocho) - \ (anilla), etc.3. Setting up the chain. We begin with two eights and a ring. First we need to put both eights together, one upon the other, then put the ring through the two holes of both eights and close the ring. Now, it is crucial to place the eights in the right position. That is the hole point of this chain!. All eights must point in the same direction: / / . And the rings, must have the contrary inclination: \. All pieces must always follow the same secuence: / (eight) - \ (link) - / (eight) - \ (link) - / (eight) - \ (link), etc.


Unha vez unidos, o importante é determinar a posición dos oitos. Hay que facer que todos queden inclinados cara ao mesmo lado: / / . Pola outra banda, os elos deben ir coa inclinación contraria: \ . O obxectivo é unir as pezas e que queden inclinadas na seguinte secuencia: / (oito) - \ (elo) - / (oito) - \ (elo) - / (oito) - \ - (elo), etc.


Para continuar coa cadea, o máis fácil é colocar un novo oito enriba do último oito montado na cadea, e introducir un novo elo como se ve na foto, tendo coidado de só atravesar co elo novo os buratos dos oitos, non o elo anterior. Pechamos o elo, colocamos o oito na inclinación correcta e repetimos ate a lonxitude que nos conveña. 


 
Para continuar con la cadena, lo más fácil es coger un nuevo ocho, colocarlo encima del último ocho montado en la cadena, e introducir una nueva anilla que atraviese los agujeros de los ochos, no la anilla anterior. Una vez cerrada esta anilla, colocamos el ocho en la inclinación correcta y repetimos hasta alcanzar la longitud que nos convenga.
 
The easiest way to continue with our chain is placing a new eight upon the last eight of the chain, and introducing a new ring as shown in the pic, taking care of putting the new link only through the holes of both eights, not through the previous link. Once the link has been closed, we place the eight in the correct inclination and repeat: put another eight upon the last eight of the chain and attach with the ring. We continue this way until the length we need.
 


Pezas correctamente inclinadas
Pezas incorrectamente inclinadas





De perfil tense que ver esta forma de zigzag - Zigzag line in side view


 
 E xa está lisa a cadea de falsa malla Europa 4-1! Só queda ver  como a podemos usar. Déixovos uns exemplos:

- Para pendurar un colgante (este floripondio branco de upcycling é moi divertido de facer, podemos falar diso outro día se queredes):


Ya está lista nuestra cadena. Ahora, ¿y para qué podemos usar una cadena como esta? Os dejo unos ejemplos:  
- Para un colgante (del floripondio blanco ese hablaremos otro día, si vosotros queréis, que es muy divertido de hacer):
 Let's see now some ways of using this chains: 
- To hang a pendant (if you like, we can talk any other day about the holy-molly-thas-is-a-big-white-flower-thing, actually it is very fun to make!).


- Coma pulseira (aquí cunha peza central en trama de malla, é dicer, feita só con elos, baixo a que está o peche da pulseira):



- Como gargantilla:


 

E por último, para que comparedes, déixovos unha fota dunha mostra de cadea Europa 4-1 feita como é debido. A que son difíciles de distinguir?



jueves, 3 de enero de 2013

Cor do ano Pantone 2013: esmeralda

2013! E un ano máis, Pantone, o líder mundial na fabricación de cor, presentou hai unhas semanas a que será a cor do ano. Xa vos contaba hai xusto un ano do moito que repercutía esta elección nas cores que viamos no noso entorno día a día. E é que esta marca é quen produce as tinturas para grande parte dos deseñadores máis reverenciados e dos imitadores destes deseñadores, co que dende a roupa que poñemos ate o enxoval do fogar (pasando por cadernos, maquillaxe, xoias, pintura de paredes, etcétera), imos ter o Emerald en moita cousa arredor de nós.

 Segundo Pantone, "é unha cor de elegancia e beleza que realza o noso sentido do benestar, do equilibrio e da harmonía". Podedes descargar aquí o seu informe completo sobre as cores escollidas para este ano.


Eu non estou segura de que me acabe de encantar, creo que se me fai algo apagado de máis. Pero buscando por entre as fotos deste ano pasado, topei pezas feitas por min que empregaban tonalidades semellantes, aínda que non viñan achegadas por esmeraldas, senón por ágatas, un cristal de praia e unha serpentina:




viernes, 21 de diciembre de 2012

Furoshiki

Nestas datas parece que se desbotan en España uns 52 quilómetros cadrados de papel de regalo. Dunha árbore sácanse uns 58 quilos de papel, e cada ano, unha persoa desfaise duns 100 quilos. Reciclar está ben, pero antes diso, aínda está mellor reducir, reutilizar e buscar alternativas!

Dende hai anos, a solución que eu uso para envolver os agasallos é o furoshiki, unha antiga arte xaponesa que consiste en empregar unha tea para envolver e transportar calquera cousa. O material téxtil é resistente, lavable, reutilizable...  Despois de abrir o teu regalo, podes envolver outro con el, usalo coma pano do pescozo, poñelo no cesto do pan...

Déixovos unhas fotiños de como envolvo uns presentes e mais uns gráficos do Ministerio de Medio Ambiente de Xapón para promover o emprego do furoshiki e reducir o emprego de papel de regalo e  bolsas de plástico:

Bolsiña furoshiki:









Caixiñas :










martes, 18 de diciembre de 2012

lunes, 10 de diciembre de 2012

Brincos de cobre e alpaca - Copper and German Silver Earrings

Brincos de cobre e alpaca, conformados a man. A alpaca, tamén coñecida como prata alemana, é unha aliaxe de cobre, zinc e níquel, que non contén nada de prata. A súa composición definitiva foi fixada arredor de 1823 en Alemaña, froito dunha competición convocada para buscar unha aliaxe que imitase o brillo e a tonalidade da prata auténtica. De aí o nome german silver, que ás veces leva a confusións. Ademais, non sempre é doado distinguir a prata da alpaca, aínda que a grandes trazos, pódese dicer que a alpaca ten unha cor máis "aceirada" que a prata, e menor peso.






Por certo, se queredes ver estes e outros traballos nosos ao vivo, neste mes ides ter unha chea de ocasións. A primeira cita será este fin de semana no Mercado da Estrela, un evento interesantísimo que se desenvolverá no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (cGac). Nel teredes ocasión de ver moi diversos traballos de creadores e deseñadores galegos, ademais de poder participar en distintos obradoiros, probar cousas riquísimas de comer e escoitar música en directo. Alí estaremos se nos queredes visitar!


Today I would like to share with you a pair of simple yet elegant earrings. They are hammered by hand out of copper and german silver sheet (the name of german silver or alpaca can lead to  a confussion: german silver is an alloy of copper, nickel and zinc that does not contain silver).
By the way, if you are in Santiago de Compostela this weekend, you can see these earrings and many other pieces in an amazing event that is going to take place in the cGac, the museum of contemporary art of Santiago. During the Mercado da Estrela you will see a wide exhibition of galician contemporary designers, as well as many other activities that for sure will make it worth a visit. Come and visit us there!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...