Cobre chapado, aceiro e amatistas. Cada elemento vai "tecido" a man. É laborioso e delicado, pero o resultado creo que paga a pena.
Herringbone pendant, made out of plated copper wire, stainles steel and amethysts.
Cobre chapado, aceiro e amatistas. Cada elemento vai "tecido" a man. É laborioso e delicado, pero o resultado creo que paga a pena.
Despois dun par de intensos días na Festa da Istoria de Ribadavia, compartindo tempo e conversa con moitos coñecidos tanto antigos coma recentes, retomo o ritmo da semana presentándovos este anel, un dos meus primeiros engastes de bisel. Empreguei chapa de cobre de 0,5mm e arame de cobre de 1,2mm. O cristal é un cristal recollido na praia, non recordo en cal, pero probablemente nalgún lugar da ría de Muros. E aí o está, despois de cortar, soldar e lixar.

Falemos de algo distinto. A petición de moita algunha ;) xente, quérovos ensinar como fago os sobres onde van as nosas pezas.
Despois de moito tempo vendo como o papel e/ou a bolsiña na que empaquetabas as cousas acababa no lixo, e por outro lado vendo a cantidade inxente de correo non desexado que se acumulaba na caixa de correo, decidín xuntar unha circunstancia coa outra, engadir un chisco de upcycling e facer estes sobres, que son ben chulos, baratos e útiles.
Let's talk about something different from usual. Seeing how the packaging of our stuff always ended in the trash, and seeing the incredible amont of junk mail that we reiceive, I came up with this upcycling solution for wrapping our pieces in craft shows. The envelopes are rather easy to make, very cute, cheap and, of course, useful.| Aí asoma embaixo a marabillosa e tan velliña máquina de coser Singer, que xa fora de miña aboa | | Look at my grandmother's old and amazing Singer sewing machine! |
Hoxe cumpro anos. Uns cantos xa. Non acostumo facer festa e, como eu non teño ningún recordo do día en cuestión, sempre penso que a quen habería que felicitar sería ás nais, quen si viviron a experiencia de xeito consciente.
Por isto hoxe parece bo día para vos ensinar este pequeno presente que fixen para miña nai. É un conxunto de anel, pendentes e colgante, feito en cobre, con detalles de prata e de ouro. As pedras son unhas serpentinas que ela mesma trouxo hai xa bastantes anos dunha viaxe a Irlanda.
Este é o colgante. Leva detalles en prata de lei e mide uns seis cm. A cadea tamén está feita por min elo a elo, e é bastante longa, aproximadamente tamaño ópera (por embaixo do peito).
Creo que onde máis loce a pedra é no anel, onde parece integrarse á perfección coa trenza de cobre. É unha pedra moi branda, e de feito, quedoulle unha pequena desigualdade na esquina superior dun dos brincos. Pero non tiña máis serpentinas: ou era esa ou non era ningunha.
Unha das técnicas ás que máis voltas lle ando a dar ultimamente, é o foldforming. Ignoro se existe un nome en galego para a técnica, pero viría sendo algo así coma "dar forma mediante dobras", ou cousa semellante. O foldforming ofrece unha chea de posibilidades, e son todas moi interesantes, porque permiten xerar tridimensionalidade de xeito abondo accesible para calquera, empregando só ferramentas comúns.
A técnica ten unha historia curiosa. Comezou con ela, aló polos anos oitenta do século pasado, un artista americano chamado Charles Lewton-Brain. Cousa curiosa, está acreditado polo British Museum coma o único novo tratamento técnico do metal inventado dende a antigüidade, xa que non se coñecen mostras anteriores desta técnica, nin restos arqueolóxicos. Lewton-Brain é o autor da "biblia" do foldforming, e ademais ten a xenerosidade de compartir en internet unha chea de artigos e informacións interesantísimas sobre a técnica.
Aquí vos deixo un exemplo sinxeliño de fold forming, uns brincos de cobre, con aceiro e perla natural.