miércoles, 2 de marzo de 2011

Europa 4-1


 Aí atrás faleivos das familias de tramas de malla. Hoxe quérovos mostrar máis en detalle unha delas, Europa. É unha das tramas máis básicas e comúns, sobre todo na elaboración de cotas de malla. Empregábase dende a Antigüidade con este fin, polo relativamente sinxelo que é converter unha cadea nunha forma de lámina ou folla que permita "confeccionar" hauberks, almófares, e outro tipo de proteccións corporais.

A máis habitual e tradicional das variantes desta trama é a chamada Europa 4-1. O nome fai referencia ao modo de construción do nodo básico da trama: introducir catro elos nun (vaia, meter catro elos pechados  nun aberto). Xa nos tempos máis recentes, comezaron a se empregar outras variantes, Europa 6-1, Europa 8-1, etc. Coma no caso anterior, os números destes nomes refírense á técnica de construción: introducir 6 arandelas nunha, oito nunha, etc.

Na rede podedes topar varias guías sobre o método exacto de construción desta trama. En inglés (as fotos falan case por si mesmas) recoméndovos a exhaustivísima páxina de M.A.I.L, onde hai tamén guías doutras moitas tramas. En castelán, a miña suxestión é a páxina de Julio del Junco, onde podedes topar dende o método básico de construción ate patróns para a confección de cotas completas. 



Some days ago I posted about chainmaille weave names. Today I would like to comment one of the most basic and common one, Europe. This weave was used for centuries in chainmaille armour. You can find many Europe variants, but the most common and traditional is the one calle Europa 4-1 (the numbers refer to the construction method of the basic node of the weave: introducing four rings in one). More recent aditions are other Europe variants: Europe 6-1, Europe 8-1, etc (the numbers refer also to the amount of rings introduced in one: six in one, eight in one). You can find online many tutorials on the construction method of Europa weave. My advice: the most comprehensive collection of chainmaille tutorials: M.A.I.L.






 
Agora póñovos uns exemplos de como temos empregado nós esta trama:
Different uses of theis weave in our work:
  
Colar de cobre esmaltado - Enameled copper necklace (vendido - sold)



Na base desta pulseira-anel - In this handflower



Para o cabuxón desta canica - For setting this big glass marble
  

martes, 1 de marzo de 2011

Inspiración (e II) - Inspiration (II)

Continuando co de onte, hoxe ensínovos unha pulseira de malla, realizada en cobre esmaltado con trama Xaponesa en diamante. Busquei un cobre e unhas doas de vidro de tonalidades douradas evocando a opulencia sensual dos frescos de Gustav Klimt na Sezession. De paso podedes ver que marabillosas cuncas me trouxo Sabela de Viena...

Today I show you a chainmaille bracelet made out of copper and glass beads. It is a Japanese weave in diamond form. I used this copper wire and these beads because of their resemblance to the sensual opulence of Gustav Klimt's frescos in the Sezession. By the way, take a look at the completely amazing cups that Sabela brought me from Vienna...

Gustav Klimt, Serpes de auga II, 1904-1907



E a pulseira:




Inspiración (I) - Inspiration (I)

¿De onde ven a inspiración? Normalmente, ven de moitos sitios e é difícil determinar a procedencia exacta. Parafraseando unha frase tópica, eu case diría que a inspiración é o que che queda cando despois de ver e sentir mil cousas, es quen de esquecelas todas. Con sorte, ese pouso xerminará e producirá algo diferente a todo o anterior. 

Claro que ás veces é máis fácil localizar as suxestións que nos fan desexar crear unha forma determinada. Este é o caso das pezas que vos mostrarei entre hoxe e (se pode ser) mañá. Son do ano pasado, dunha serie inspirada en tonalidades e formas empregadas por diversos pintores.

Primeiro mostrareivos un anel que recrea as flores da pintora americana Georgia O'Keeffe (premendo aquí, podedes acceder á páxina do seu museo). Sempre me produciron unha sensación contraditoria as súas pinturas de flores da época de Novo México, unha estraña mestura de desacougo e serenidade, como de harmonía a piques de se estragar. 

¿Where does inspiration come from? Usually, from everything, making it difficult to determine the exact origin of the ideas. Paraphrasing a cliché: inspiration is what remains after seeing and feeling many many things and forgetting them all. If you are lucky, this sediment will germinate producing something completely different. But somethimes it is easier to find the suggestions that lead us to create a certain form. This is what happens with the pieces I am showing today (and maybe tomorrow). I made them last year, and they belong to a paintings inspired collection.
First, a ring that recreates the flowers of the american painter Georgia O'Keeffe (here, the link to her Museum). These flowers, painted during her stay in New Mexico, always produce me a contradictory sensation, some kind of mix between unease and serenity.


Georgia O'Keeffe, A rosa branca de Calico, 1931

Georgia O'Keeffe, Abstración rosa branca nº 2, 1927


E este é o anel:







domingo, 27 de febrero de 2011

Proceso rematado - Work in progress: finished

Hai unhas tres semanas ensineivos a peza na que estaba a traballar, un colar de fío de aceiro tecido. A peza central foi montada en cordóns de coiro negro e xa vos podo mostrar o resultado final. Agora creo que debería pensar en deseñarlle uns pendentes a xogo, pero nestes momentos teño a cabeza noutros proxectos...

Three weeks ago I showed you the necklace I was working in, a woven steel wire necklace. The central piece hangs now from two thick black leather cords and it is ready for the new owner. Maybe I should think in designing a pair of matching earrings, but right now my head is somewhere else...

Brincos de cobre - Copper earrings

Estes son uns dos últimos pendentes que fixemos. Miden 3,5 cm e están realizados en fío de cobre e aceiro.

Our newest earrings. Lenght, 3,5 cm. Materials: enameled copper wire and stainless steel.




viernes, 25 de febrero de 2011

Pulseira en malla de cobre - Copper chainmaille bracelet

Pulseira en fío de cobre esmaltado. Foi deseñado orixinariamente para home (ten 23 cm de longo), aínda que é posible adaptala a outros tamaños. Está tecido en malla Media Persa, unha trama que vos pode resultar familiar á vista, pois, ademais de aparecer en pulseiras ou cadeas, emprégase moito para engastar en cabuxón pedras non furadas.

Enameled copper bracelet. With its 23 cm length, it was originally designed for men, although it can be adapted to other wrist measurements. The weave is Half Persian, a weave that you have probably seen many times, as it is pretty common to find it (apart from bracelets and chains) in cabochoned stones.






miércoles, 23 de febrero de 2011

Máis pulseiras de cobre - More copper bracelets

Pulseira de fío de cobre esmaltado e aceiro. O motivo central é unha trama da malla chamada Aura. A pulseira está montada con cordóns de algodón para crear unha imaxe máis lixeira que converta a pulseira nun complemento perfecto para o día a día, aínda que o brillo e a elegancia do cobre seguen a facer da pulseira unha peza espectacular...

Enameled copper wire bracelet. The central piece is a weave called Aura. I have added cotton cords in order to get a lighter look, that turns the bracelet into a perfect accessory for everyday wear, although the elegance and  shine of copper wire also make the bracelet suitable for a special occassion...


(vendida - sold)


(vendida - sold)

martes, 22 de febrero de 2011

Pulseira de cobre - Copper wire bracelet

Pulseira realizada en fío de cobre esmaltado. Gústame moito este material, sobre todo pola súa cor e porque non precisa de limpeza (se acaso, unha pasada por auga cun xabrón suave para lle quitar o po, pero máis nada). Porén, resulta máis complicado de traballar que outras clases de fío metálico, porque é moi, moi fácil estragalo ao facer as curvas.

Unha vez rematada a peza, tendes unha pulseira fermosa e resistente, que non perde brillo nin cor, e que poden levar persoas con alerxias aos metais porque o verniz que cubre o metal evita o contacto directo coa pel.

Enameled copper wire bracelet. I love this material, mainly because of the beauty of its colour and because it does not require cleaning (well, ocassionally some water and soft soap in order to take dust particles away). On the other hand, it is more difficult to work with than other wires, because it is very very easy to damage the varnish coat at the time of shaping. When the piece is finished, you have a resistant and very nice looking bracelet, that does not lose shine or colour, and that can be worn by people with metal allergies, because the vernish coating prevents the direct contact of copper with the skin.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...