Mostrando entradas con la etiqueta talla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta talla. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de diciembre de 2011

Mouchos II - Owls II

Quérovos dar moitas, moitas grazas a todos os que participastes (e seguides a participar) no noso pequeno xogo de adiviñar para que serven estes mouchos, tanto a través desta páxina como a través de facebook. Conseguistes sacarme máis dunha gargallada, e non deixa de admirarme a imaxinación que tendes. Pero... aínda ninguén topou a solución e ímoslle dar un par de días máis. Como se me pedían pistas, vouvos dar a recolleita das cousas que non son:

- Non son noveladores de fitas nin de fíos
- Non son medidores de cantidades de espaguetis
- Non son aros para pareos
- Non son fibelas para cintos
- Non son plantillas para círculos perfectos
- Non son abridores de botellas
- Non son servilleteiros
- Non son emparelladores de calcetíns
- Non son plantillas para facer facer colgantes de arame
- Non son apliques para panos do pescozo
- Non son vixiantes da noite

(A ver como traduzo eu esta listaxe ao inglés, mi má...)

Pois nada, podedes seguir intentándoo, válense varios intentos por persoa ;). Iso si, se deixades un comentario e non tendes conta propia en google, estaría ben que puxésedes o voso enderezo de correo electrónico, por se decido (arbitrariamente, claro está) que a vosa resposta é a máis acertada ou a máis descabellada. Bicos e seguide a gozar das festas!





Many, many thanks for playing with us! Nobody has found the solution yet, and therefore we are still going to carry on with our little contest for a couple of days. I was asked to give some clues, so, I have collected all the wrong guesses -until the moment- for you.

The owls were not intended for: winding threads or ribbons, measuring out spaghetti amounts, holding beach wraps, serving as belt buckles, opening beer bottles, serving as napkin rings, pairing up socks, acting as templates for wire pendants, holding neckerchiefs, or keeping watch in the dark nights... You can keep trying (more than one answer per person is allowed and welcomed;) and if you do not have a google account, please leave your e-mail adress in your comments.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Mouchos - Owls

Este fin de semana imos participar no Mercado de Artesanía de Redondela, que tradicionalmente se celebra todos os anos polo Nadal na praza da Constitución.
 
Déixovos para estes días cunhas imaxes de algo que aínda non vos ensinara nunca e que hai moito tempo que facemos. Están tallados a man en madeiras nobres (castiñeiro, nogueira, pau santo, bubinga...) e todos son un pouco diferentes entre si.. Algúns teñen moita cara de malos, outros parecen super boíños...





A cousa é a seguinte: non vos vou dicir que son. Se queredes, esa é a tarefa que vos queda para estes días. Pódovos dicir que houbo quen os levou para colgante, pero non foron pensados para colgantes; tamén houbo quen os levou para marcapáxinas, pero tampouco foron imaxinados para iso. Xurdiron como resposta a unha necesidade concreta que eu tiña, e que, como puidemos comprobar nestes últimos tres anos, moita xente compartía comigo. E abonda de pistas. Ocórreseme que ao primeiro que adiviñe para que foron pensados, se quere, enviámoslle un de regalo. E se ninguén adiviña, ao mellor pódese enviar un de regalo tamén a quen dea a resposta máis imaxinativa... Que vos parece? Participades?







Guess what are they for... The wood owls are not pendants nor bookmarks... Maybe I could send one as a gift for the first person who guess what were they intended for, or maybe to the most imaginative answer ;) Please, do have happy holidays!

sábado, 13 de agosto de 2011

Máis madeira! - More wood!

Como vedes os que me seguides, ando a medio gas co blog por cousas do verán, das vacacións e todo iso. Por iso agradezo aínda máis aos que seguides aí...

Vou continuar coa madeira, e así aproveito para o título a clásica frase dos irmáns Marx. Estes son uns colgantes que xa fixen hai un tempo. Están tallados a man por min en madeira de buxo (Buxus Sempervirens), que é unha madeira bastante dura, pero cando está ben lixada ten de seu un acabado sedoso que enamora ao tacto.

De: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé, 1885, Gera, Alemaña. Fonte: Wikimedia Commons


Os motivos das tallas están inspirados na imaxinería maorí, e os colgantes que vedes a continuación, evocan concretamentea forma de anzois de pesca, que na cultura maorí tradicional eran importantes amuletos de prosperidade e abundancia. Espero que vos gusten!









lunes, 14 de febrero de 2011

Tallas - Carvings

Tallar madeira é unha das cousas máis relaxantes que eu teño probado. É coma se houbese algo no contacto co material que axudase a disipar a tensión. O único malo da talla é que é un traballo un pouco menos limpo que outros: non vale para facer tirado no sofá vendo unha peli.

Estes colgantes que podedes ver a continuación están tallados a man, con navalla e lixa, e acabados con aceite natural. Representan unha desas formas que sen saber moi ben o porqué, son parte do noso imaxinario colectivo: as colas de baleas. Nas culturas onde é (ou era) un símbolo con significado, como a maorí, a cola de balea representa a forza, pero non a forza bruta, senón a da lealdade e a sensibilidade. Os dous están dispoñibles; se vos interesan, mandádenos un correo electrónico e poñémonos de acordo :)

Carving wood is one of the most relaxing activities that I have ever tried. It is as if something related to the contact with wood helped to dispel strain. The only bad thing about carving is that it is not as clean as other activities: it is not compatible with lying on the couch watching a film.
These pendants are carved by hand with a knife and natural oil finished. They represent one of these shapes that are a part of our social imaginary: wale tails. In the cultures where it is (or was) a meaningful symbol, like the Maori, the wale tail stands for strenght, loyalty and sensitivity. Both pendants are still available; if you are interested in purchasing any of them, just send us an e-mail and we will come to an agreement :)




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...