lunes, 30 de enero de 2012

Aprendendo a escribir - Learning to write






Pois si, despois de tanto tempo, ando a aprender a escribir de novo! É que a cousa de escribir con arame tenche a súa complicación... Cando me poño, o que me vén á cabeza son eses letreiros de neón, nos para que a corrente pase dun extremo ao a outro, as letras precisan ser continuas. Pois co arame é exactamente o mesmo, e non sempre é tan doado atopar a continuidade entre os caracteres. Pero vaia, resulta divertido atoparse de novo sen saber ben facer letras ;)

Falando de outras cousas, xa está completamente ultimada a nova serie de pendentes na que levo traballando todo o inverno (e da que a gañadora do "concurso" Adiviña para que Serven estes Mouchos xa veu un adianto en rigorosísima primicia). É unha serie moi pensada e, aínda que me estea mal o dicilo, creo que resultou moi coherente e sólida. A proposta é moi definida e teño moi claras as inspiración e obxectivos. Unicamente hai un problema, e resulta ser gordo ;): está sen nome. E aínda que non sexa eu moito de bautizar modelos con nome, creo que esta colección pide un nome común. E aí andamos atrancados, no nome... En parte, trátase dun problema de idioma: sei con que nome a defino eu interiormente, pero é en inglés, e non me acaba de convencer poñerlle un nome guiri... E non dou cunha solución galega que se me axeite... Pois nada, que a serie seguirá agardando e seguiremos preparándolle unha bonita presentación mentres ela segue o seu camiño pola miña cabeza á busca dun nome ;) Tereivos informadas...

After so many years... I am learning to write again! Actually it is no so easy to write with wire... Like in like these old neon signs, you must keep the continuity of lines and that is a little tricky! Anyway, it is fun!

Talking about something else, I am very proud to annouce that the new earring collection that I have been preparing during winter is almost set. I think it is a very consistent and solid collection, with a very clearly defined intention. The one and only problem (the reason why I have not presented it yet) is that I can not find a suitable name for the series... and althought I am not so fond of namig all my jewelry pieces, in this particular case I have the feeling that it claims for a name. And there we are, waiting for a name... I will keep you informed!

viernes, 27 de enero de 2012

Cousas de tea - Some Fabric Stuff

Coser non é exactamente o meu, recoñézoo. Nin me encanta, nin o sei facer con técnicas axeitadas... Pero, para variar, sempre me atraen esas cousas que supoñen un reto para min e sempre me meto en asuntos que me quedan grandes. Como din os vellos, a ignorancia é moi atrevida! Eu dígome a min mesma que con obxectivos esixentes se impulsan os avances, así que cando me da por aí, coso. Ter medrado cunha aboa costureira debería ser unha vantaxe, pero coma sempre se ocupaba ela de coser, ninguén máis na casa precisaba ter máis noción de costura que a de enfiar agullas para ela ;)

Pero o caso é que me gusta o contacto das teas, e sempre teño algún que outro pequeno proxecto téxtil entre mans, aínda que ás veces durman durante meses. Admito e dou por supostas as moitas críticas aplicables a estas cousiñas, pero non sexades moi duras, para que non me desanime eu, jajajja....

Sewing is definetely not my "thing". I do not master the techniques and do not enjoy particularly the sewing process. I think I have already told you, but again, my grandmother was a seamstress (a very good one indeed), and althought you might think that this could give me some background on sewing issues, it was quite on the contrary, because she was the only one who dealed with sewing at home. However, I love fabrics and, of course, I do love challenges too, and that is why I always I try to carry out some small fabric projects (sometimes they sleep for months). Let me show you some... Some criticism is taken for granted, but please, try not to be too harsh!





Broche en napa




O bolsiño de Rosalía




Coleteiro




Bolsiñas para calquera cousa

martes, 24 de enero de 2012

Pulseira e pendentes de la II - Wool bracelet and earrings II

Máis cousiñas de la para dar cor á friaxe que vai nestes días! Aínda que a verdade, paréceme que a primavera xa comeza a comezar... Hoxe vin por primeira vez gromiños novos nunha das plantas en maceta que teño na casa! Nas estradas, as mimosas están xa case a punto! Aínda é día ás seis e media da tarde! Hai ou non hai motivos para se alegrar? Caerá Manuel, caerá Megaupload e vaia saber vostede cantas cousas máis... pero os ciclos da vida continúan e iso só pode ser motivo de alegría!

Hoxe toca outro conxunto de pendentes e pulseira (podedes adquirilos por separado) con la fucsia e branca. A peza da pulseira vai montada sobre coiro negro groso e posta resulta extremadamente confortable e cálida. Espero que vos guste!

















viernes, 20 de enero de 2012

Pulseira e pendentes de la - Wool earrings and bracelet

Pois por aquí andamos de volta, despois dun descanso un pouco longo de máis. En parte foi obrigado, porque estaba sen cámara e non tiña fotos para vos ensinar, e en parte foi un respiro para avaliar os esforzos do ano e trazar rumbos futuros. Pero aquí estamos de novo e seguirei intentando subir unhas dúas ou tres entradas por semana. Agradezo a fidelidade de todos e convídovos encantada a compartir o que por aquí se vaia ofrecendo.

Non se pode dicir que estea a ser un inverno moi duro, pero inverno é, a fin de contas. E para achegar un pouco de calor ás baixas temperaturas, hoxe quérovos ensinar un conxunto de pendentes e pulseira feitos con arame e mais la de cores (non sei se existe esa palabra nos dicionarios, pero miña aboa diría que ese fío é de cor "pilrada" ;). Pódense facer con calquera la que queirades. Polo de agora, a ver se vos gustan estes!

Wool and wire earrings and bracelet: add some warmth and colour to winter time!















sábado, 31 de diciembre de 2011

Cor do ano 2012: Tangerine Tango - Pantone Colour of the year


Dancers, Frederic Cirou, Corbis


Cada ano, Pantone, a marca americana que marca a tendencia no tocante á cor de deseñadores de moda, interioristas, etc, escolle unha cor como a dominante dos seguintes doce meses. Ten unha enorme influencia sobre os creadores e a súa carta de cores é o verdadeiro abecedario dos deseñadores.

Pois para 2012, Pantone escolleu coma cor do ano o Tangerine Tango, un ton entre alaranxado e tella que nos habemos fartar de ver en roupa, complementos, accesorios para a casa, cosméticos, etcétera. Xa se anuncia a súa predominancia nas coleccións de, por exemplo, Tommy Hilfiger, Nanette Lepore ou Adrienne Vittadini...






Segundo Pantone, "Tangerine Tango recorda os matices radiantes das postas de sol, reunindo a vivacidade e a subida de adrenalina do vermello, coa amabilidade e a calidez do marelo, para conformar un ton magnético e de alta visibilidade que emana calor e enerxía".


E non vos lembra moito ao ton cálido dos cobres? Parece que definitivamente vai ser un bo ano para para estes deseños... Por certo, feliz ano novo a todos!





miércoles, 28 de diciembre de 2011

Mouchos- Owls (e III)

TEMOS GAÑADORA!


Finalmente alguén adiviñou para que foran pensados os mouchos de madeira... E esa persoa foi:




Naranjita verde (que ten unha páxina onde presenta as cousas tan chulas que fai: http://naranjitaverde.blogspot.com/) foi a primeira en adiviñar a través de facebook a función dos mouchos, que concretamente é a de enrollar os cables dos auriculares dun mp3 ou teléfono móbil. Intentei facerlle unha foto autoexplicativa da gañadora, pero... en decembro as laranxas están case todas maduras...





Como vedes (e perdón pola calidade das fotos, Naranjita acertou estando eu sen cámara decente), nos ollos entran os auriculares e na fenda, a cravixa. Eu sempre digo que as cousas todas que fago son un vicio, pero que estes mouchos responden a unha necesidade, jajjaja! Polo menos era unha necesidade para min. Xurdiron porque necesitaba librarme dese incomodísimo embrullo de cables dentro do bolso, desas enganchadas dos auriculares co chaveiro, deses nos que se me lle facían e que acababan por estragar os auriculares en pouco tempo...

Pero creo que o mellor de todo é que grazas a todos os que participastes, Naranjita vai ter MOITO máis que un porta-auriculares... Por exemplo (e recollo só algunhas das máis, digamos, "interesantes" propostas que fixestes:

- Un emparellador de calcetíns
- Unha fibela para manter dereitos os chichos do pelo
- Un prato para almorzar dou ovos e unha salchicha (tamaño gnomo, claro)
- Un vixiante para as noites
- Un abrebotellas
- Un porta-cepillos de dentes
- Un calza-calcetíns
- Un cortador de ovos cocidos
- Etc, etc, etc.


Nos próximos días enviarémoslle o moucho a Naranjita e esperamos que lle sexa útil e mais que con el na man lle siga atopando utilidades... MIL GRAZAS a todos por participar, se resultou divertido, foi por VÓS ;)


Lémbrovos que podedes ver (e mercar) estes mouchos e as demais cousas que facemos cada martes, no Mercado Entre Lusco e Fusco de Santiago de Compostela, ou enviándonos un correo a asuntosimaxinarios@gmail.com.


Bicos


And finally, we have a winner: Naranjita Verde was the first in making the right guess. Yes, the wooden owls are mp3 cable organizers!! I want to thank you all for participating and giving so funny answers ;). In the next days Naranjita will rceive one of theese wooden owls, and anyone interested in them or in any other item shown in our page can send us an email to asuntosimaxinarios@gmail.com or visit us every Thursday at the Mercado Entre Lusco e Fusco in Santiago de Compostela.

lunes, 26 de diciembre de 2011

Mouchos II - Owls II

Quérovos dar moitas, moitas grazas a todos os que participastes (e seguides a participar) no noso pequeno xogo de adiviñar para que serven estes mouchos, tanto a través desta páxina como a través de facebook. Conseguistes sacarme máis dunha gargallada, e non deixa de admirarme a imaxinación que tendes. Pero... aínda ninguén topou a solución e ímoslle dar un par de días máis. Como se me pedían pistas, vouvos dar a recolleita das cousas que non son:

- Non son noveladores de fitas nin de fíos
- Non son medidores de cantidades de espaguetis
- Non son aros para pareos
- Non son fibelas para cintos
- Non son plantillas para círculos perfectos
- Non son abridores de botellas
- Non son servilleteiros
- Non son emparelladores de calcetíns
- Non son plantillas para facer facer colgantes de arame
- Non son apliques para panos do pescozo
- Non son vixiantes da noite

(A ver como traduzo eu esta listaxe ao inglés, mi má...)

Pois nada, podedes seguir intentándoo, válense varios intentos por persoa ;). Iso si, se deixades un comentario e non tendes conta propia en google, estaría ben que puxésedes o voso enderezo de correo electrónico, por se decido (arbitrariamente, claro está) que a vosa resposta é a máis acertada ou a máis descabellada. Bicos e seguide a gozar das festas!





Many, many thanks for playing with us! Nobody has found the solution yet, and therefore we are still going to carry on with our little contest for a couple of days. I was asked to give some clues, so, I have collected all the wrong guesses -until the moment- for you.

The owls were not intended for: winding threads or ribbons, measuring out spaghetti amounts, holding beach wraps, serving as belt buckles, opening beer bottles, serving as napkin rings, pairing up socks, acting as templates for wire pendants, holding neckerchiefs, or keeping watch in the dark nights... You can keep trying (more than one answer per person is allowed and welcomed;) and if you do not have a google account, please leave your e-mail adress in your comments.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Mouchos - Owls

Este fin de semana imos participar no Mercado de Artesanía de Redondela, que tradicionalmente se celebra todos os anos polo Nadal na praza da Constitución.
 
Déixovos para estes días cunhas imaxes de algo que aínda non vos ensinara nunca e que hai moito tempo que facemos. Están tallados a man en madeiras nobres (castiñeiro, nogueira, pau santo, bubinga...) e todos son un pouco diferentes entre si.. Algúns teñen moita cara de malos, outros parecen super boíños...





A cousa é a seguinte: non vos vou dicir que son. Se queredes, esa é a tarefa que vos queda para estes días. Pódovos dicir que houbo quen os levou para colgante, pero non foron pensados para colgantes; tamén houbo quen os levou para marcapáxinas, pero tampouco foron imaxinados para iso. Xurdiron como resposta a unha necesidade concreta que eu tiña, e que, como puidemos comprobar nestes últimos tres anos, moita xente compartía comigo. E abonda de pistas. Ocórreseme que ao primeiro que adiviñe para que foron pensados, se quere, enviámoslle un de regalo. E se ninguén adiviña, ao mellor pódese enviar un de regalo tamén a quen dea a resposta máis imaxinativa... Que vos parece? Participades?







Guess what are they for... The wood owls are not pendants nor bookmarks... Maybe I could send one as a gift for the first person who guess what were they intended for, or maybe to the most imaginative answer ;) Please, do have happy holidays!

viernes, 9 de diciembre de 2011

E máis cravos de ferrar - And more horseshoe nails

Que marabilla que sexa venres! Esta semana, con tanto festivo interrupto, a min fíxoseme longuísima! Este finde tócanos mercado, o sábado no Mercado de Artesanía e Produtos Ecolóxicos de Cuntis, e o domingo, durante todo o día, na Feira de Artesanía e Antigüidades de O Carballiño. Pero vaia, segue a ser finde ;).

Pois hoxe gustaríame ensinarvos uns cantos colgantes máis feitos con cravos de ferrar cabalos. Como xa vos teño contado, trátase de cravos de ferro dobrados a man un a un, soldados e tratados con varias capas de protección para evitar que se enferruxen. Espero que vos gusten!










Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...