viernes, 3 de mayo de 2013

domingo, 21 de abril de 2013

Azul e rosa: os contrastes - Blue and Pink: the Contrast

Dicía Dickens: "Hai sombras na terra, pero, co contraste, as súas luces fanse máis fortes". Os contrastes, iso que nos permite apreciar tanto mellor as nosas realidades. Nestes pendentes o claro e o escuro, o cóncavo e o convexo, o rosa e o azul... Cobre e perla cultivada. Pátina natural.
 
Dickens wrote: "There are dark shadows on the earth, but its lights are stronger in the contrast.". Contrast, that's what make us perceive our realities so much better... In these earrings, light and dark,  concave and convex, pink and blue...






 

lunes, 15 de abril de 2013

Recompoñendo corazóns - Mended Hearts

Conexión en frío: reberetes que unen. E quen non tivo a necesidade de recompoñer un corazón algunha vez? 
 
Nos pendentes, medio corazón de cobre, medio de prata, reberetes de aluminio.

Cold connection with rivets. Bringing parts together. And who has not ever been in the need to fix a broken heart? In these earrings, half a heart of copper and half of silver, mended with aluminum rivets.





miércoles, 27 de marzo de 2013

Brincos: un toque de azul - Earrings: A Little Touch of Blue

4,5cm de brinco. Cobre traballado a man, aceiro, ágatas azuis. Nostalxia do verán.

The earrings measure 4,5cm and are hand worked out of copper sheet, copper wire, stainless steel and blue agates.Longing for summer.










sábado, 2 de marzo de 2013

Temos gañador! - We have a Winner!

Temos espectacular gañador!!! Menos dun día tardou Juan O. en acertar o título do libro.  Os meus mellores parabéns, porque non era tan fácil. Tratábase de As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro, un escritor galego do século pasado. O mundo máxico deste autor acompáñanos nunha deliciosa e divertidísima narración da viaxe dun sochantre a Quelven en compañía de mortos e vivos. Quen non ama o fino humor de Cunqueiro: un libro onde cabalos pastan violetas, hai damas coma douradas espigas de trigo turanés, e andan demos vacantes e cabaleiros amigos de Voltaire que escribían sobre terremotos.




Graciñas a Juan O. e mais a todos os que despregastes o voso entusiasmo xogando connosco, sobre todo a través de facebook.

jueves, 28 de febrero de 2013

Xogamos? - Let's play Again


Tiña gañas de facer esta foto... Vai por vós, os que pasades por esta páxina, os que vos tomades un momento para me deixar unhas palabras. Graciñas.

Improvisámoslle un xogo? Por celebrar que seguimos vivos ou algo... Propoño:

- O primeiro que adiviñe cal é o autor e o título do libro sobre o que está pousado o anel, recíbeo coma agasallo. (Hai que acertar autor e máis título, só cun deles non serve.) (Ah, e envío o anel, non o libro).
- Podedes participar, poñamos ate o 5 de marzo, deixando aquí a vosa opción ou a través do facebook de Asuntos Imaxinarios. 
- Non hai máis condicións: podedes dar todas as respostas que queirades, non tendes que seguir a páxina, nin compartir a convocatoria (aínda que estaría ben).









martes, 19 de febrero de 2013

Colgante de cobre en foldforming - Foldforming Copper Pendant

Pequeno colgante en lámina de cobre conformado a man con técnicas de foldforming.

Hand crafted foldforming pendant. Copper.
 
 






miércoles, 13 de febrero de 2013

Brincos de lúa - Half Moon Earrings

Medias lúas de cobre, con pátina azul e pequenos reberetes prateados.

A copper half moon, with blue patina and little alluminium rivets.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...