Despois de estar estas últimas semanas traballando case sempre con aceiro, os meus dedos pedían un descanso e un tempo de recuperación, así que botei man dun material máis suave e unha técnica menos "agresiva": xogar coas cremalleiras. As cremalleiras son algo verdadeiramente sorprendente, sinxelas e cotiáns, pero dunha estética definitivamente carismática. Con todo, non hai tantísimo tempo que están entre nós, pois a súa patente data do 1917 (para ver máis sobre o peculiar desenvolvemento do invento, recoméndovos o interesante blog El tamiz).
After some weeks working mainly with steel, my fingers claimed for a rest. So, I grabbed a softer stuff and chose a less harmful technique: sewing zippers. Zippers, patented in 1917, are somehow surprising with their common and simple, yet definitely charismatic aesthetics. Earlier in the year I had been playing around with zipper bracelets, and this week I finished three different designs.
Xa hai tempo que viña dándolle voltas a unhas pulseiras con cremalleiras e nestes días rematei tres deseños, todos dun estilo moi definido e pouco convencional. Esta é a mesma que vedes ao comezo da entrada:
Esta é a segunda:
E esta a terceira, moito máis estreita que as anteriores:
Tamén fixen dous pares de pendentes de aire moito máis clásico. Mesmo eu me sorprendín co resultado:
I also made two pais of earrings, in a more classical style than the bracelets. Even I was surprised with the results:
6 comentarios:
gustanme todos os deseños!! pero sobretodo os pendentes son moi bonitos ;D
xa vira varios complementos feitos con cremalleiras moi bos pero os teus son sorprendentes moi sinxelos e vez impactantes ;D
http://naranjitaverde.blogspot.com/
vaya son preciosos!!!!! me gustan todos, no podria decirte cual es mi favorito, me hago seguidora!!!!
Graciñas, guapas!!!
Hermoso todo!!! que imaginación por Dios!!!
ME ENCANTA TODO LO QUE HAS HECHO CON LAS CREMALLERAS. VAYA IMAGINACION.
Bss
Increíbles tus trabajos con cremalleras, me han dejado con la boca abierta! Felicidades también por tus trabajos, tienes unas manos de oro!
Publicar un comentario