viernes, 2 de noviembre de 2012

Outono, procesos e o románico - Autumn, Ongoing Stuff and Romanic

Puro outono. Luz gris, vento, raiolas esquivas... Ando a facer moitas cousas, pero cando hai luz para facerlles foto, non atopo as gañas, e cando me apetecería, un ceo de chumbo reduce todo a sombras.

Para ir acorde con este estado das cousas e este estado de ánimo, hoxe vouvos poñer un par de imaxes do comezo dunha peza que xa está rematada. Non vos vou dicer aínda que acabou sendo e, se queredes, podedes adiviñar ;).

Non é a primeira vez que falo aquí da orixe da inspiración. Sempre me intriga que reformulación de sensacións me leva a desexar crear estas ou aquelas formas. Neste caso, o proceso foi contrario e a peza comezou a partir desta foto:


Está tirada na igrexa de Astureses (provincia de Ourense), que é unha pequena e marabillosa construción do século XII, cunhas tallas en pedra absolutamente fascinantes:



Pois mirando un día a primeira das imaxes, de súpeto souben o que tiña que facer. E estes son os comezos (aínda que despois das imaxes de Astureses, poñer estas fotos de fíos de cobre queda un tanto cutre ;). Déixovos con elas e prometo poñer o resultado nun par días.



1 comentario:

ili teksas dijo...

Me habéis recordado cuando comencé a trabajar con mi padre en su taller...hace muchísimos años.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...