lunes, 16 de abril de 2012

Zip it again

Xa case está aí maio... E nós andamos a preparar pezas con cremalleiras para os moitos mercados que xa vai habendo polo país adiante, cada vez con máis convocatorias conforme se achega o verán. Pois como sei que acostuma gustarvos ver cousas feitas con cremalleiras, déixovos estas imaxes de dúas pulseiras, moi semellantes entre elas, pero en dous tons de cremalleiras, un máis dourado e outro máis cor bronce. Son desas pezas que non ten nada que ver velas expostas con velas postas nunha man. Non vou dicir que nas fotos estean feas, pero é que postas son espectaculares!

Ah, e non, as fotos de zapatos non teñen nada que ver coas pulseiras, é simplemente que me apetecía variar e creo que eses meus zapatos súper verdes tamén merecían saír algunha vez na foto ;)










May is almost here, coming with an increasing number of craft and art fairs. These days I have been preparing new zipper accesoires, mainly bracelets, but also earrings and headbands. Today I would like to share with you these two zipper bracelets. They are quite girly, and look much more better when worn. And no, there is no reason for taking the pics of the zipper bracelets with shoes and boots... but... aren't they amazing, my green shoes?

2 comentarios:

NaranjitaVerde dijo...

jajjaj pois si que son cucos os zaptos verdes ;D AS pulseiras moi monas...eu tamen estiven facendo unhas pulseiras con cola de raton pero dame a sensacion de que me gustan so a min ;D Gustame moito o toque da bola

The Magic's World dijo...

Que super bonita que te ha quedado, me encanta guapa, es una monada :)
Miauuuuuubesitos artista!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...